SOLIDARIEDADE

Partido solidario en Fontiñas

30/12/2011 Os pavillóns de Fontiñas e Pontepedriña acolleron durante catro días o VI Torneo solidario de fútbol sala da campaña benéfica "Operación quilo: un quilo, un sorriso". O evento pechouse cun partido entre membros da corporación, empresarios e representantes sociais da cidade.

Os concelleiros populares Adrián Varela, Albino Vázquez e Luis Bello, e os edís socialistas Bernardino Rama, Xosé Baqueiro e Gonzalo Muíños participaron no partido celebrado no pavillón de Fontiñas, uníndose así a esta campaña solidaria organizada polo Centro Don Bosco e o C.D. Belvís. Nesta ocasión, os fondos recadados destinaranse ao proxecto Casas Rurais, en Perú.

Compartir: