PLENO
A comisión estará presidida polo alcalde e integrada, por parte do Goberno municipal, polos concelleiros de Benestar Social, Mobilidade e Infraestruturas. Cada un dos outros dous grupos municipais terá un representante. Poderán formar parte desta comisión asociacións de discapacitados, responsables autonómicos na materia, colectivos profesionais (arquitectos, aparelladores, construtores, asociacións empresariais...) ou calquera entidade que teña algo que achegar en relación a este tema.
Reurbanizacións e parques
No eido de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, e cara a futuras obras, especialmente nas reurbanizacións, terase especial coidado en dotalas das mellores condicións de accesibilidade. Nesta liña, promoveranse xornadas de formación entre os técnicos municipais.
Tamén no ámbito desta Concellería, pero no capítulo de Parques e Xardíns, apostarase por favorecer a adaptación dos parques a todo tipo de usuarios. Así se vai facer, por exemplo, co novo parque de Ramírez.
Outra medida será a esixencia co cumprimento das normativas de accesibilidade á hora de conceder licenzas a establecementos comerciais, e a busca de alternativas naqueles lugares como o Casco Histórico nos que a eliminación de barreiras resulta máis complicada.
Estacionamentos, dispositivos sonoros e sinalización
En materia de Mobilidade, vaise proceder a revisar as prazas de estacionamento para minusválidos, ao terse detectado problemas de funcionalidade nalgúns deles. Ademais, seguirase promovendo a adaptación dos taxis. Neste sentido, cómpre lembrar que agora hai catro vehículos adaptados e que en 2012 se incorporará algún más, co obxectivo de ter en 2015 os sete que legalmente se lle esixirían a Santiago co seu actual parque de taxis.
Outra das medidas da Concellería será o incremento dos dispositivos sonoros nos pasos se peóns, especialmente naqueles moi longos ou que deben atravesar varios carrís. En relación a este tema, xa está prevista a instalación en breve dun novo no Cruceiro da Coruña.
Finalmente, dende este Departamento apréciase que os postes de sinalización existentes nas beirarrúas da cidade son excesivos. Por iso, vaise realizar un estudo pormenorizado nesta materia co fin de reducir estes sinais. Un exemplo que se tomou como referencia é o da cidade de Madrid, onde se utilizan os farois para a suxeición de diversos sinais de tráfico.
Pazo de Raxoi
A propósito desta cuestión, o alcalde anunciara pola mañá que se viña de realizar un estudo para mellorar a accesibilidade á propia Casa do Concello. Como exemplo de barreiras puxo as escaleiras que hai ao chegar ao ascensor dende a planta baixa.
O Concello adoptará medidas de mellora da accesibilidade e creará unha comisión participativa nesta materia
29/12/2011 O Concello porá en marcha unha comisión de estudo de accesibilidade participativa e consultiva, segundo se aprobou por unanimidade no Pleno municipal. Ademais, e tal como xa anunciaran previamente en rolda de prensa, as concellerías de Familia e Benestar Social, de Mobilidade e Tráfico, e de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, adoptarán diversas medidas para mellorar as condicións de accesibilidade na cidade.
Entre os obxectivos desta comisión de accesibilidade está facilitar a recollida de información e facilitar a participación de todos os implicados na materia. Este órgano emitirá informes sobre aspectos relacionados con melloras no transporte público, nas edificacións públicas, nas beirarrúas, nos estacionamentos ou na colocación do mobiliario urbano, entre outros asuntos. Ademais, promoverá accións de concienciación social e de visibilización deste colectivo de afectados polas diversas barreiras.A comisión estará presidida polo alcalde e integrada, por parte do Goberno municipal, polos concelleiros de Benestar Social, Mobilidade e Infraestruturas. Cada un dos outros dous grupos municipais terá un representante. Poderán formar parte desta comisión asociacións de discapacitados, responsables autonómicos na materia, colectivos profesionais (arquitectos, aparelladores, construtores, asociacións empresariais...) ou calquera entidade que teña algo que achegar en relación a este tema.