EDUCACIÓN
Nadalxogo seguirá aberto o 29 e 30 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro. 300 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos participan no programa, que se desenvolve nos CEIP As Fontiñas, Pío XII e Ramón Cabanillas.
Actividades polas tardes
Para complementar a oferta de conciliación da mañá, tamén seguen celebrándose diversas actividades polas tardes. Así, no pavillón do Restollal e ata o 4 de xaneiro (agás o 31 de decembro e o 1 de xaneiro) realízase un programa de deporte e conciliación, en horario de 17:00 a 21:00 horas.
Totalmente de balde, os rapaces poden participar en actividades como loitas olímpicas, karate, judo, tenis de mesa, rocódromo, esgrima, videoxogos, inchables, espazo de xogos para os máis pequenos.
E nos centros socioculturais do Castiñeiriño, O Ensanche, Vite e Conxo véñense celebrando de 16:00 a 21:00 horas uns campamentos abertos de Nadal, con actividades plásticas, expresión artística, obradoiros ou animación a lectura. A oferta da rede locais e centros socioculturais complétase coa ampla programación diaria da iniciativa Vive o Nadal.
A isto hai que sumar a ludoteca infantil de Fontiñas (exteriores de Área Central) e da praza da Constitución, de 17:30 a 21:30 horas. Quedan aínda varios días de apertura: 29 e 30 de decembro, e do 2 ao 4 de xaneiro. Alí, os pequenos teñen á súa disposición xogos, mesas de traballo, inchables, talleres (cestería, papiroflexia, maquillaxe, plástica...) e espectáculos de maxia.
Tampouco se pode esquecer o carrusel infantil antigo da Alameda, o iglú da Praza Roxa ou a pista de xeo. Toda a programación do Nadal pode consultarse nesta mesma páxina web.
Continúan os programas de lecer e conciliación do Nadal en colexios, centros socioculturais e pavillón do Restollal
28/12/2011 Continúan desenvolvéndose as actividades de lecer e conciliación postas en marcha polo Concello para este Nadal en colexios, centros socioculturais, pavillóns e prazas da cidade. Os participantes nun dos programas, Nadalxogo, pasaron pola praza do Obradoiro, onde cantaron panxoliñas e foron visitados polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.
O rexedor municipal expresou a súa satisfacción pola marcha destes programas e indicou que "ver esta alegría xustifica calquera iniciativa deste tipo". El mesmo sumouse á festa bailando sobre o escenario con todos os pequenos e degustando as galletas que na xornada anterior lle prometera algún dos escolares no CEIP Pío XII.Nadalxogo seguirá aberto o 29 e 30 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro. 300 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos participan no programa, que se desenvolve nos CEIP As Fontiñas, Pío XII e Ramón Cabanillas.