CULTURA
Oportunidade aínda para saborear a última entrega dos irmáns Dardenne e "O neno da bicicleta", unha das películas mellor valoradas polo público de Cineuropa. Quedan tamén por ver dúas das películas que arrasaron no Festival de Xixón esta fin de semana: "El estudiante" e "A guerra está declarada", ex-aequo. A primeira, ademais obtivo o premio ao mellor guión e o Premio do Público, mentres a segunda erixiuse co premio aos mellores actor e á actriz. E tamén hai aínda oportunidade de ver a fantástica "Attack the block" de Joe Cornish, unha cinta que arrasou no Festival de Sitges e que aborda unha invasión alieníxena nun suburbio de Londres.
Nesta última semana tamén se poden degustar aínda na sede da Fundación Caixagalicia e no CGAC algunhas das pequenas grandes xoias rescatadas, con motivo destes 25 anos, da Escola de Berlín. "Jerichow", "Shensucht (Morriña)" ou "Yella" son só algúns dos títulos de interese dunha ampla retrospectiva ofrecida nesta edición 2011 de Cineuropa centrada nos cineastas deste movemento, que foron quen de voltear o cine alemán trala caída do Muro.
Cineuropa non descoida tampouco o seu compromiso coa produción feita en Galicia. A sección Panorama Audiovisual Galego, que ofreceu unha selección dos autores máis arriscados na súa creatividade, péchase mañá, mércores 30, con dous Encontros co público no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O primeiro, ás 19.45 h., centrado na obra de Sonia Méndez, e que ofrece a estrea absoluta de "Conversación cunha muller morta". A continuación, sobre as 21.45 h., Lois Patiño, un realizador xa coñecido do público do festival, manterá tamén un coloquio co público.
Cineuropa proxecta na súa última semana o cine máis transgresor
29/11/2011 Cineuropa proxecta na súa última semana os títulos que máis expectación teñen espertado este ano nos distintos certames internacionais. A catro días de que remate esta XXV edición de Cineuropa, os afeccionados aínda teñen oportunidade de gozar do cine máis transgresor ou extremo nas súas formas ou contidos.
É o caso da última produción de Bela Tarr, "O cabalo de Torino" (Oso de Prata en Berlín) que se estrea no festival esta noite. Outros títulos agardados son tamén os dos franceses Bruno Dumont ou Bertrand Bonello, que removeron Cannes con "Hors Satan" e "L'Apollonide", respectivamente, ademais do recente León de Ouro en Venecia o controvertido "Fausto de Aleksandr Sokurov.Oportunidade aínda para saborear a última entrega dos irmáns Dardenne e "O neno da bicicleta", unha das películas mellor valoradas polo público de Cineuropa. Quedan tamén por ver dúas das películas que arrasaron no Festival de Xixón esta fin de semana: "El estudiante" e "A guerra está declarada", ex-aequo. A primeira, ademais obtivo o premio ao mellor guión e o Premio do Público, mentres a segunda erixiuse co premio aos mellores actor e á actriz. E tamén hai aínda oportunidade de ver a fantástica "Attack the block" de Joe Cornish, unha cinta que arrasou no Festival de Sitges e que aborda unha invasión alieníxena nun suburbio de Londres.