CULTURA
Este encontro con Jorge Ruiz será un coloquio con alumnos nun centro educativo, para charlar e debater sobre educación, motivación, perspectivas de futuro, e todo o que preocupa aos máis novos.
Os estudantes que queiran solicitar o encontro co cantante no seu centro educativo, deben enviar un correo electrónico a 40santiago@los40.com indicando o nome do seu colexio, instituto ou facultade universitaria. O coloquio celebrarase no colexio, instituto ou facultade no que maior número de alumnos enviasen o email. Organizarase a actividade para aqueles alumnos do centro que se inscribiron e sempre que a dirección do centro dea o visto e prace para facelo nas súas instalacións. A actividade é gratuíta. O encontro desenvolverase a última hora da mañá do venres ou primeira da tarde. O horario definirase de mutuo acordo coa dirección do centro.
O cantante de Maldita Nerea manterá un encontro con estudantes de Santiago o venres 2 de decembro
30/11/2011 O coloquio entre Jorge Ruíz e os rapaces e rapazas de Compostela terá lugar o mesmo día do seu concerto no Multiúsos Fontes do Sar: o 2 de decembro. Maldita Nerea e o Concello de Santiago convocan a este acto a todos os alumnos e alumnas dos centros de educación primaria, secundaria e universitaria de Santiago de Compostela.
O próximo 2 de decembro Maldita Nerea ofrecerá un concerto no Multiusos de Santiago, xunto aos grupos Lagarto Amarillo e Funambulista. Con este motivo Jorge Ruiz -cantante e compositor de Maldita Nerea-, a Concellaría de Educación do Concello de Santiago e 40 Principales Santiago anuncian unha proposta dirixida a todos os estudantes da cidade: un encontro co vocalista de Maldita Nerea.Este encontro con Jorge Ruiz será un coloquio con alumnos nun centro educativo, para charlar e debater sobre educación, motivación, perspectivas de futuro, e todo o que preocupa aos máis novos.