XUNTA DE GOBERNO
Para cumprir coas metas establecidas, o Plan distribúese en 4 eixos relativos á formación de profesionais, aos menores e xuvente, á familia, e un último centrado na participación e dinamización social. Na posta en marcha das actividades recollidas nos catro puntos está involucrada non só a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, que coordina o proxecto, senón tamén Educación, Xuventude e Deportes, Seguridade Cidadá e Medio Ambiente, por tratarse dun plan de carácter multidisciplinar.
Eixo 1: formación aos profesionais
Este primeiro grupo de accións busca formar a profesionais directamente relacionados como poden ser os da hostelería e o ocio nocturno. Neste caso xa se están a realizar accións concretas que continuarán no primeiro trimestre de 2012. Outro dos colectivos implicados é a Policía Local, que no marco deste programa recibe información específica sobre mediación.
Eixo 2: menores/xuventude
Dentro das accións dirixidas á poboación nova realizáronse 24 obradoiros de información sobre drogas en centros escolares coa participación de máis de 600 alumnos, así como outros 30 sobre habilidades sociais aos que asistiron e asistirán en futuras edicións máis de 750 rapaces e rapazas.
Tamén se volveu poñer en marcha o programa Cinensino no que se estima que participan arredor de 1.400 mozos e mozas. Trátase dunha iniciativa moi ben acollida entre o profesorado e o alumnado que consiste no visionado dun filme relacionado co consumo de drogas e dun debate posterior.
As accións de ocio formativo é outro dos puntos encadrado neste eixo. Realizaranse dous cursos, un para monitor de educación ambiental, que comezará o 19 de decembro, e outro para acadar o diploma de monitor de transporte escolar, que empeza o 28 de novembro con 25 matriculados.
Eixo 3: accións dirixidas á familia
Neste apartado vaise realizar a partir do 2 de decembro unha campaña de sensibilización sobre o consumo de alcol na vía pública enfocada non tanto aos menores senón aos adultos que teñen responsabilidades como os pais, nais, xerentes dos negocios de hostelería, etc. Esta campaña terá unha segunda parte centrada na xuventude.
A escola de pais e nais busca dotar de habilidades aos proxenitores para tratar cos seus fillos asuntos difíciles como pode ser o consumo de drogas. Dous colexios, Compañía de María e Pío XII, xa confirmaron o seu interese.
Nesa mesma liña se desenvolve o programa de resolución de conflictos, que se poñerá en marcha en 2012, así como o encontro con pais e nais e tamén con avós. O Plan considera importante ensinarlles ferramentas de educación e negocación xa que tamén xogan un papel relevante na educación dos mozos.
Eixo 4: participación e dinamización social
Este bloque aséntase sobre cinco apartados:
Creación e dinamización de grupos de traballo formados por diferentes sectores sociais que faciliten o intercambio de información e busca de alternativas de ocio saudable; divulgación e presentación nos centros educativos de actividades de ocio alternativas (cultura urbana) que se realizan nas fins de semana nos centros socioculturais e zonas de concentración de mozos; actividades de ocio saudable que faciliten mecanismos para que os grupos musicais noveis teñan unha maior difusión do seu traballo; activación das redes sociais na difusión das actividades de ocio alternativo; e "Mocidade en positivo" que consiste na organización en colaboración co voluntariado da USC dunha actividade fotográfica para plasmar e espoñer en imaxes a vida universitaria e os seus valores positivos.
Prevención
O Plan distingue entre prevención universal, selectiva e indicada. No relativo á segunda, o Plan recolle tres programas: de atención e asesoramento a pais e nais de menores sancionados; de cumprimento alternativo de sancións administrativas dos menores; e unha exposición itinerante sobre cannabis destinada a rapaces de entre 16 e 18 anos. En canto á prevención indicada, para colectivos de maior risco, celébrase o programa de adolescentes en situación de risco "enfrontando os problemas".
O Goberno aproba un plan integral de prevención de drogas para fomentar unha vida saudable entre a xuventude
28/11/2011 A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, acompañada polo técnico de prevención da UMAD, Jorge Carballido, presentou en rolda de prensa o Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias, que vén de aprobar a Xunta de Goberno Local na súa última sesión.
O Plan ten como obxectivo estratéxico, segundo sinalou a concelleira, a promoción dun estilo de vida saudable e participativo que xere na cidadanía compostelá unha cultura de rexeitamento das drogas legais e ilegais. Compleméntase con tres obxectivos xerais: reducir a prevalencia do consumo de alcol, tabaco e drogas ilegais; intensificar os mecanismos de regulación e control de promoción e venda das anteriores substancias; e intensificar a coordinación e colaboración institucional.Para cumprir coas metas establecidas, o Plan distribúese en 4 eixos relativos á formación de profesionais, aos menores e xuvente, á familia, e un último centrado na participación e dinamización social. Na posta en marcha das actividades recollidas nos catro puntos está involucrada non só a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, que coordina o proxecto, senón tamén Educación, Xuventude e Deportes, Seguridade Cidadá e Medio Ambiente, por tratarse dun plan de carácter multidisciplinar.