EMPREGO
No tocante ás empresas e entidades participantes, a FIE contará coa colaboración de 50 firmas, entre institucións de ámbito local, autonómico, nacional e internacional. GES Consultores, Teleperformance, El Corte Inglés Seguros, Futura Eventos, Fesan, Bricomart, Adelantta, Recursos Galicia ou COGAMI son algunhas das entidades que participarán nesta I Feira Internacional de Emprego de Santiago.
En canto á participación de candidatos, un total de 2471 persoas enviaron o seu currículo a través da páxina web da Feira, www.feiradoempregosantiago.org. Ata que dea comezo a Feira, o Servizo de Intermediación Laboral do Concello de Santiago segue a traballar para poñer en contacto aos candidatos coas entidades ofertantes de emprego, que deben seleccionar entre os candidatos aqueles cuxos perfís profesionais se axusten mellor ás súas necesidades. Deste proceso sairán as entrevistas de traballo que se levarán a cabo nas dúas xornadas de Feira e nas que se procurará cubrir o máis de medio milleiro de postos ofertados.
Programa de actividades e transporte gratuítos
Os asistentes á Feira Internacional de Emprego non só se limitarán a participar nos devanditos procesos de selección de candidatos aos postos de traballo. Durante os dous días nos que se desenvolve a FIE, o público poderá tomar parte, de xeito totalmente gratuíto, nun programa de actividades que inclúe un total de 22 propostas, entre conferencias e obradoiros, todas elas centradas en mellorar as habilidades dos participantes na súa busca de emprego. 'Intelixencia emocional: comunicarse mellor e entender os demais', 'Orientarse a fortalezas: o impacto do optimismo', 'Véndete', 'O sector comercial como oportunidade a unha carreira profesional de éxito' ou 'Múdome de sistema: obradoiro de coaching para mulleres desempregadas' son só algunhas das propostas abertas a todo tipo de público que conforma o programa das xornadas. Para asistir, os interesados só deben inscribirse a través da páxina web da Feira www.feiradoempregosantiago.org.
Para facilitar a asistencia dos interesados desde o centro da Cidade, o Concello porá en marcha un servizo gratuíto de autobuses. Durante o xoves 3 e o venres 4 de novembro, haberá saídas desde a Praza de Galicia ata o Multiusos ás 9, 11, 15 e 17 horas o primeiro día e ás 9 e 11 o segundo. O regreso será ás 11.30, 14, 15.30 e 19 horas o xoves e ás 11.30 e 14 o venres.
A oferta da I Feira Internacional de Emprego supera os 500 postos de traballo
31/10/2011 A tres días de dar comezo, a I Feira Internacional de Emprego (FIE) conta xa cos datos definitivos de participación de empresas, candidatos e postos de traballo ofertados.
Un total de 506 postos de traballo conforman finalmente a oferta laboral coa que contará este evento, organizado pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE). Esta cifra vén a confirmar a firme vontade do Concello compostelán de dinamizar e mellorar o mercado de emprego local a través do contacto entre empresas que ofertan postos laborais e demandantes de emprego.No tocante ás empresas e entidades participantes, a FIE contará coa colaboración de 50 firmas, entre institucións de ámbito local, autonómico, nacional e internacional. GES Consultores, Teleperformance, El Corte Inglés Seguros, Futura Eventos, Fesan, Bricomart, Adelantta, Recursos Galicia ou COGAMI son algunhas das entidades que participarán nesta I Feira Internacional de Emprego de Santiago.