XUNTA DE GOBERNO
Tamén se deu conta doutro convenio, neste caso coa Deputación da Coruña, por importe de 350.000 euros para a posta en marcha do Plan de Competitividade Turística, que desenvolverá Incolsa.
Nesta mesma sesión procedéronse a contratar as obras de reparación de diversas cubertas do Auditorio de Galicia por importe de 158.400 euros máis IVE e aprobouse o proxecto modificado número 2 do de construción no barrio de Santa Marta dun equipamento sociocultural, neste caso sen custe económico para o Concello.
No ámbito da educación, contratouse o programa Cinensino, que ten por obxecto facilitar o labor educativo nos centros escolares no marco da prevención do consumo de drogas e que levaba dous anos sen contratar. As proxeccións comezarán o mércores 2 de novembro no Teatro Principal coa participación de 1.200 alumnos.
Outros asuntos
Á marxe dos anteriores asuntos, deuse conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Academia Galega de Seguridade Publica para a formación continua do persoal do Corpo de Bombeiros do Concello de Santiago e aprobouse a prórroga do contrato de subministración de consumibles de impresión para o Concello por un periodo de 6 meses, ata o 10 de maio de 2012.
A proposta do concelleiro de Normalización Lingüística, a Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria da XII Edición do Premio Manuel Beiras 2011 con base no convenio de colaboracion coa Cámara de Comercio, así como o inicio da convocatoria de tres bolsas de prácticas para alumnos de Filoloxía Galega e Portuguesa da USC a realizar no Departamento de Lingua Galega do Concello. As prácticas realizaranse durante o curso escolar 2011/2012 e terán unha duración de 360 horas. Centraranse en tarefas de planificación, dinamización e asesoría linguística serán de 2.700 € para cada bolseiro.
Por último, aprobouse a modificacion do Decreto que rixe os días para a celebración de vodas civís, polo que de agora en adiante non se celebrarán vodas nin sábado pola tarde, nin domingos nin festivos, nin aqueles días que non teñan a consideracion de hábiles para o persoal do Concello. As peticións para a celebración de vodas civís quedará supeditada ás necesidades do Concello respecto do uso do Salón Vermello.
Xunta e Goberno colaboran na formación laboral de cen persoas desempregadas
31/10/2011 Na última sesión da Xunta de Goberno Local deuse conta da subvención que a Consellería de Traballo concede ao Concello para a realización do programa de formación "Emprego Santiago", enfocado á inserción laboral de persoas desempregadas.
No marco deste proxecto, que nace co obxectivo de mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, cen persoas realizarán prácticas remuneradas en empresas. A intención do goberno é o que o 25% das prazas se destinen a persoas con discapacidade intelectual ou funcional, para o que xa se puxeron en contacto con entidades como Cogami, Aspas ou Down Compostela, entre outras. As actividades céntranse no sector xeriátrico-xerontolóxico e no hostaleiro.Tamén se deu conta doutro convenio, neste caso coa Deputación da Coruña, por importe de 350.000 euros para a posta en marcha do Plan de Competitividade Turística, que desenvolverá Incolsa.