TRANSPORTE
Con motivo do partido de baloncesto o vindeiro domingo 30 de outubro ás 12.30 h no multiusos Fontes do Sar, haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11.30 h.
Ao remate do partido, manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro e maila liña C11.
Servizos especiais de transporte ao cemiterio de Boisaca (martes 1 de novembro)
Con motivo da celebración das festividades de Todos os Santos e Defuntos, a liña 1 do transporte urbano verá reforzados os seus servizos no horario de apertura do cemiterio de Boisaca.
Deste xeito, o luns 31 de outubro, sendo día laborable, a frecuencia da liña será de 16 minutos como habitualmente. O martes 1 de novembro, a frecuencia da liña será de 16 minutos entre as 9.00 h e as 20.00 h. O resto do día, os horarios serán como un día festivo.
Lembrarlles que o día 1 de novembro, os autobuses rematarán a liña en Boisaca, sen chegar ao final do polígono do Tambre, como nun día festivo.
Modificacións nos servizos de transporte urbano durante a celebración da XXXIV Carreira Pedestre Popular. Domingo 30 de outubro de 2011.
Consultar documento adxunto.
A Concellería de Transportes informa dos servizos especiais de autobuses para o partido do Obradoiro, o día de Defuntos e as modificacións pola Carreira Pedestre
28/10/2011 A Concellería de Transportes preparou para os vindeiros días sendos servizos especiais para facilitar a asistencia ao partido do Obradoiro (domingo 30) e para o cemiterio de Boisaca por mor do día de Defuntos (martes 1). Asimesmo informa das modificacións por mor da Celebración da Carreira Pedestre Popular (domingo).
Servizos especiais para asistir ao partido de baloncesto Blu:sens Monbus – Lucentum Alicante (domingo 30 de outubro)Con motivo do partido de baloncesto o vindeiro domingo 30 de outubro ás 12.30 h no multiusos Fontes do Sar, haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11.30 h.