CULTURA
A Guía Verde sobre o Camiño de Santiago ofrece unha minuciosa descrición con sete itinerarios para visitar en automóbil, máis de 150 fotografías a color, 14 planos e mapas e unha sección con todas as suxerencias para organizar a viaxe. Tamén conta con informacións prácticas: 34 etapas do Camiño a pé e a cartografía de referencia, 70 noticias útiles, 240 indiacións para aloxarse, 111 equipamentos para os peregrinos, 190 restaurantes e indicacións de festas e eventos durante a viaxe.
O Touring Club Italiano é o punto de referencia no ámbito da edición turística en Italia. Constituído en 1894, convertiuse na máis grande e prestixiosa asociación turística de Italia, dirixida a desenvolver o turismo e promover o coñecemento de países e culturas, así como o entendemento mutuo e o respecto entre os pobos. Esta entidade sen ánimo de lucro traballa na protección da cultura, da educación e o medio ambiente.
Como colaborador de Caminos de Europa, realizou publicacións como a mencionada Guía Verde do Camiño de Santiago, cuxa segunda edicion se presentará en Bruxelas a principios de 2012, tres guías da Vía Francíxena (guía verde e dúas dos territorios Val de Aosta e Piacenza-Lucca), un libro diario de viaxe na Vía Francíxena e un libro ilustrado sobre a mesma. Entre os proxectos futuros atópase un libro ilustrado sobre o Camiño de Santiago que estará listo a finais deste ano.
Compostela acolle a presentación dunha guía verde sobre o Camiño de Santiago
28/10/2011 O pazo de Raxoi foi o escenario da presentación da segunda edición da Guía Verde sobre o Camiño de Santiago, editada polo Touring Club Italiano. O acto estivo presidido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o presidente de Caminos de Europa, Alessandro Cardinale.
Son miles os viaxeiros que a pé recorren cada ano o milenario Camiño de Santiago, pero aínda son máis numerosos os "peregrinos" en sentido amplo que en automóbil visitan e descobren as metas da arte e da historia diseminadas pola paisaxe deste itinerario de cultura e peregrinación.A Guía Verde sobre o Camiño de Santiago ofrece unha minuciosa descrición con sete itinerarios para visitar en automóbil, máis de 150 fotografías a color, 14 planos e mapas e unha sección con todas as suxerencias para organizar a viaxe. Tamén conta con informacións prácticas: 34 etapas do Camiño a pé e a cartografía de referencia, 70 noticias útiles, 240 indiacións para aloxarse, 111 equipamentos para os peregrinos, 190 restaurantes e indicacións de festas e eventos durante a viaxe.