ALCALDÍA
Lete reafirmou este compromiso financeiro e tamén indicou que a Secretaría vai colaborar co Concello na busca de recursos para a construción dun futuro complexo acuático en Santa Marta, que terá piscinas e outras instalacións deportivas e de lecer. Neste sentido, o alcalde apuntou que a Xunta prestará o seu asesoramento no estudo de fórmulas de financiamento deste complexo, que pasarán fundamentalmente pola participación dunha empresa que o explotaría en réxime de concesión.
Conxo contará no verán de 2012 cun campo de fútbol de herba artificial
30/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, reuníronse en Raxoi co secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete. Deste encontro saíu o compromiso da Xunta de colaborar no financiamento do futuro campo de fútbol de herba artificial de Conxo e na busca dos recursos para un complexo acuático en Santa Marta.
Conde Roa anunciou que o novo campo de herba artificial de Conxo, situado onde está o actual, comezará a construírse en xuño de 2012. Estimou o seu custo en 300.000 euros, dos que o Concello achegará uns 100.000, a Secretaría Xeral de Deportes outros 100.000 e o resto a Deputación da Coruña.Lete reafirmou este compromiso financeiro e tamén indicou que a Secretaría vai colaborar co Concello na busca de recursos para a construción dun futuro complexo acuático en Santa Marta, que terá piscinas e outras instalacións deportivas e de lecer. Neste sentido, o alcalde apuntou que a Xunta prestará o seu asesoramento no estudo de fórmulas de financiamento deste complexo, que pasarán fundamentalmente pola participación dunha empresa que o explotaría en réxime de concesión.