PLENO
Taxa pola apertura de establecementos
Outro dos asuntos do Pleno foi a aprobación por unanimidade da modificación da ordenanza fiscal 3.10, correspondente á taxa pola apertura de establecementos, que entrará en vigor antes de que remate o 2011. Esta medida soluciona un baleiro legal existente a raíz da aplicación da normativa Ómnibus, que permite a propietarios de determinados establecementos abrir o seu negocio baixo unha declaración responsable.
O Concello ten un prazo de tres meses para realizar a correspondente inspección para verificar a declaración e conceder entón a licenza de actividade. Estes trámites municipais implican unha taxa consistente nunha porcentaxe da licenza, pero esta tarifa non estaba aínda fixada.
Festas locais 2012
A Corporación tamén aprobou o calendario de festas locais para 2012. Tal como se determinara pola Xunta de Goberno, serán o 19 de marzo, San Xosé, e o 16 de agosto, San Roque. A elección do primeiro está xustificada pola coincidencia o xoves 17 de maio da Ascensión co Día das Letras Galegas, que xa é festivo autonómico. O Goberno local comprometeuse a ter en conta a posibilidade de que este festivo alternativo poida corresponder algún ano ao San Xoán, pero en 2012 esta celebración coincide en domingo.
Urbanismo
En materia de Urbanismo, deuse conta da presentación do documento refundido do plan especial de ordenación, mellora medio ambiental e acondicionamento das Brañas de Sar (PE-3R), e da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM en execución da sentenza anulatoria do polígono 42, no Cruceiro da Coruña. Ademais, aprobouse a modificación puntual do PXOM na rúa da Estrada, esquina coa travesía da Estrada.
O Pleno aproba o outorgamento do nome dunha rúa a Manuel Fraga
29/09/2011 Na sesión ordinaria de setembro do Pleno da Corporación, aprobouse o outorgamento don nome dunha vía da cidade a Manuel Fraga Iribarne. Entre outros asuntos, tamén se deu o visto bo á modificación da taxa pola apertura de establecementos e ao calendario de festas locais para o ano 2012.
A concesión do nome dunha rúa a Manuel Fraga saíu adiante cos votos do Grupo de Goberno e do PSdeG-PSOE e co voto negativo do BNG. Segundo o alcalde, Xerardo Conde Roa, esta decisión é "un detalle de cariño para unha persoa que deu moito pola cidade". "Sempre apoiou esta cidade e deixou unha impronta imborrable", engadiu tras recordar o seu facer en prol de Santiago na súa etapa como presidente da Xunta de Galicia.Taxa pola apertura de establecementos