ALCALDÍA

O alcalde aposta por destinos aéreos "permanentes, estables e constantes"

29/09/2011 Pouco antes de presentar en rolda de prensa a programación de Air Berlin da nova temporada, o seu director xeral en España, Álvaro Middelmann, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa e coa concelleira de Turismo, Reyes Leis.

Tras a reunión, o alcalde apostou por "prepararse para o futuro" e "ir avanzando nos contactos coas compañías aéreas para establecer novos destinos". Neste sentido, amosouse contrario a que "o futuro do aeroporto se someta exclusivamente ás liñas de baixo custo, porque en determinado momento poden deixar o aeroporto", recordando que, no actual contexto económico, "as subvencións acabaranse". Fronte a isto, Conde Roa quere para Santiago destinos "permanentes, estables e constantes.

Compartir: