CULTURA
Das Kapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o adat e o kaossilator.
Editaron en xullo de 2011 o seu primeiro disco, Ruído Negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.
Organizado pola Concellaría de Cultura, o Festival dos Abrazos conta co patrocinio do Consorcio de Santiago e a colaboración da Asociación Cultural Cidade Vella, que organiza a programación de Feito a Man, integrada no Festival dos Abrazos; o Festival de Cine Euro-Árabe Amal; La Caixa de Barcelona e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC.
Das Kapital no Festival dos Abrazos
25/08/2011 O Festival dos Abrazos está chegando ao seu fin nesta edición de 2011. Na penúltima xornada, que será este venres 26, gozaremos dun concerto de Das Kapital. Os galegos ofrecerán a súa música electrónica a partir das 22:00 horas na Zona "C" de Bonaval e, se chove, no Centro Galego de Arte Contemporánea. O sábado día 27 celebrarase a última xornada do Festival cun concerto de Bellón Maceiras Quinteto e o espectáculo circense Atempo Circ.
Das Kapital refuga o estado de cousas. Opón ruído negro á dominación consentida e contra o pop consensual ofrece un discurso en chamas, ferido. As súas influencias proveñen de artistas como: Programme, Bobby Seale, Einstürzende Neubauten, Heiner Müller, Stereolab, Atari Teenage Riot, Os Resentidos, Walter Benjamin, Nine Inch Nails ou Lois Pereiro.Das Kapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o adat e o kaossilator.