ALCALDÍA
O responsable da Sección de Transportes de UGT, Cándido Rodríguez, indicou tras a reunión que están abertas as negociacións e que, ao parecer, hai outra empresa que está disposta a facerse co servizo de carga de Lavacolla, pero só subrogando unha parte dos contratos. Polo tanto –din- habería que negociar en que termos se produce esta subrogación e as indemnización que lle corresponderían aos despedidos.
O alcalde reúnese con representantes sindicais para analizar a situación da terminal de carga do aeroporto de Lavacolla
24/08/2011 O alcalde, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha delegación de UGT Compostela, encabezada polo seu secretario xeral, Antonio García. O tema da xuntanza foi o peche da terminal de carga de Lavacolla ao abandonar a mesma a empresa que a viña explotando.
Conde Roa explicoulles aos representantes sindicais o contido da reunión mantida recentemente en Madrid co presidente de AENA, Juan Lema, e co director de Aeroportos, Javier Marín, para falar deste tema. Neste sentido, comprometeuse a impulsar novas xuntanzas para buscar unha solución a este peche, que supón un grave prexuízo para o sector empresarial compostelán e que implicou a perda do seu posto a sete traballadores.O responsable da Sección de Transportes de UGT, Cándido Rodríguez, indicou tras a reunión que están abertas as negociacións e que, ao parecer, hai outra empresa que está disposta a facerse co servizo de carga de Lavacolla, pero só subrogando unha parte dos contratos. Polo tanto –din- habería que negociar en que termos se produce esta subrogación e as indemnización que lle corresponderían aos despedidos.