CULTURA
Feito a Man chega ao seu fin nesta xornada. Nela, a música do Brasil chega á programación de Feito a Man a través dos grupos e artistas máis representativos que viven ou teñen relación con Compostela artellados na Aquarela do Brasil, unha formación que xorde das jams brasileiras da Borriquita de Belén. Lobalú é un dúo composto por Najla Shami e Héctor Lorenzo, guitarra e voz para que a poesía e a delicadeza das súas composicións flúa sen ningunha distorsión. E Aline Frazão é unha artista angolana que vive en Compostela. A forza da música africana arroupada cun trío de músicos experimentados.
E, dentro de Amal, teremos a proxección de Camino a Nahr Al Bared, de Sebastián Talavera. Será ás 22.00 horas na ruela de Xerusalén. A película narra a vida nun campo de refuxiados palestinos a través dos testemuños de cinco dos seus habitantes, de idades comprendidas entre os 9 e os 62 anos. As palabras de Yaser, Izar, Ali, Raed y Mustafá reflicten o día a día de 35.000 persoas.
Organizado pola Concellaría de Cultura, o Festival dos Abrazos conta co patrocinio do Consorcio de Santiago e a colaboración da Asociación Cultural Cidade Vella, que organiza a programación de Feito a Man, integrada no Festival dos Abrazos; o Festival de Cine Euro-Árabe Amal; La Caixa de Barcelona e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC.
Cabaré-teatro, cinema e o último concerto do Feito a Man na xornada do mércores 24
23/08/2011 Na xornada do mércores 24, Gayo-Pinheiro presentan Área de descanso na praza da Oliveira a partir das 20:00 horas (se chove será no Teatro principal) e, ás 22:00 horas, poderemos ver na ruela de Xerusalén Camino a Nahr Al Bared de AMAL. Ademais, Feito a Man chega ao seu fin con Noites en Cervantes: Sons da Cidade Vella, no que poderemos ver, ás 21:00 horas, a Lobalú+Aline Frazão trío+Aquarela do Brasil.
En Área de descanso, dúas mulleres escapan con vida dunha academia de oposicións e despois dunha breve e axitada visita á oficina do INEM, deciden romper con todo e lanzarse a unha aventura incerta polas estradas e autoestradas do país, recorrendo os lugares máis recónditos e protagonizando escenas inventadas por elas mesmas, inspiradas nas iconas máis representativas do cinema e da televisión. Neste conxunto de escenas fan versións, ao seu modo, do papel das mulleres na literatura e nos filmes, cansas dos eternos argumentos pasivos que tradicionalmente lles outorgan. Texto e música para un espectáculo mordaz, cómplice e, sobre todo, feminino.Feito a Man chega ao seu fin nesta xornada. Nela, a música do Brasil chega á programación de Feito a Man a través dos grupos e artistas máis representativos que viven ou teñen relación con Compostela artellados na Aquarela do Brasil, unha formación que xorde das jams brasileiras da Borriquita de Belén. Lobalú é un dúo composto por Najla Shami e Héctor Lorenzo, guitarra e voz para que a poesía e a delicadeza das súas composicións flúa sen ningunha distorsión. E Aline Frazão é unha artista angolana que vive en Compostela. A forza da música africana arroupada cun trío de músicos experimentados.