FESTAS
Previamente, aqueles que o desexen poderán contemplar as carrozas, as comparsas e as charandas na explanada da Estación de Trenes a partir das 16.30 horas.
Ás 21.00 horas o xurado fará público o seu veredicto e procederá a entrega de premios dacordo ás diferentes categorías: premio ás mellores carrozas, ás mellores comparsas, á parellas mellor caracterizada e ao mellor disfraz individual.
Ao remate da entrega de premios actuará a orquestra Noche de Estrellas na Praza Roxa.
Santiago celebrará o día grande do Antroido cun desfile de carrozas e comparsas
27/02/2006 O martes 28 de febreiro celebrarase o día grande do Antroido co tradicional desfile de carrozas que discorrerá polas rúas do Ensanche compostelán a partir das 17.30 horas.
O Desfile de Antroido sairá ás 17.30 horas da explanada da Estación do Ferrocarril para adentrarse na zona nova da cidade pola rúa Romelo Donallo e seguir por Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na Avenida de Xoan Carlos I.Previamente, aqueles que o desexen poderán contemplar as carrozas, as comparsas e as charandas na explanada da Estación de Trenes a partir das 16.30 horas.