ALCALDÍA

Santiago acollerá o Congreso anual de transporte urbano no mes de maio

27/02/2006 Perto de 300 congresistas participarÁn no Congreso anual de transporte urbano que co lema "Asegurar o tansporte do futuro" terá lugar os días 4 e 5 de maio en Compostela, organizado pola Asociación de Transporte Urbano Colectivo (ATUC).

Acompados do xerente de TUSSA, Carlos González, o presidente e o vicepresidente da ATUC, José María Satorres e Fidel Angulo, respectivamente, detallaron ao alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, os obxectivos deste Congreso, nunha audiencia na Casa do Concello celebrada o o luns, 27 de febreiro, e na que convidaron a Bugallo a inaugurar este congreso.

ATUC é maís importante asociación do sector do transporte colectivo en España, agrupando a un 74% das empresas, públicias ou privadas. Empresas de autobuses urbanos, metros, transvías e mesmo trens de cercanías están integrados na ATUC

Segundo o presidente da Asociación, José María Satorres, o Congreso tratará de definir as caracteríscas do transporte urbano do futuro, "que debe colaborar nunhas cidades sostibles e cunha maior calidade de servizo ao cidadán".

Os continuos avances tecnolóxicos, o marco legal e financiero dun sector en continua transformación serán outros asuntos a abordar neste congreso.

Compartir: