EDUCACIÓN E MOCIDADE
Con motivo deste programa os alumnos e os mestres de primaria e secundaria poderán visitar unha exposición que leva o mesmo nome, "Culturas para compartir: Xitanos hoxe", na que se fai un percorrido histórico, cultural e da situación actual do colectivo xitano. Na mostra haberá rincóns lúdicos onde se realizarán xogos interactivos co fin de facilitar o achegamento dos visitantes á cultura xitana. A exposición poderase visitar en horario de mañá, do 6 ao 20 de marzo no IES Antón Fraguas e do 22 de marzo ao 5 de abril no IES Rosalía de Castro.
A concellería de Educación programa cursos para mestres co fin de mellorar a integración xitana nas escolas
24/02/2006 Mellorar a integración do colectivo xitano nas aulas é o obxectivo do programa "Culturas para compartir: Xitanos hoxe" que desenvolve o departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago en colaboración coa Fundación Secretariado Xitano.
Con este programa preténdese dotar ao profesores de pautas de conduta que favorezan a integración do colectivo xitano. Para conseguilo, aos mestres dos centros educativos da cidade, poderán asistir a un curso no que se tratarán temas como a integración socioeducativa das minorías étnicas na escola e as estratexias de intervención con alumnado xitano. Tamén se lles informará do material didáctico máis axeitado para traballar con este tipo de alumnos. O curso terá lugar no Auditorio de Galiza os días 27,28, e 29 de marzo en horario de 18 a 20 horas.Con motivo deste programa os alumnos e os mestres de primaria e secundaria poderán visitar unha exposición que leva o mesmo nome, "Culturas para compartir: Xitanos hoxe", na que se fai un percorrido histórico, cultural e da situación actual do colectivo xitano. Na mostra haberá rincóns lúdicos onde se realizarán xogos interactivos co fin de facilitar o achegamento dos visitantes á cultura xitana. A exposición poderase visitar en horario de mañá, do 6 ao 20 de marzo no IES Antón Fraguas e do 22 de marzo ao 5 de abril no IES Rosalía de Castro.