ALCALDÍA

Aberta unha nova edición do Curso Internacional Música en Compostela

31/07/2011 Ata o 13 de agosto estará aberta a edición número 44 do Curso Internacional Música en Compostela. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou no acto inaugural do curso, celebrado no Hostal dos Reis Católicos.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Alumnos de diversos países do mundo acoden a estas prestixiosas xornadas.

Compartir: