ALCALDÍA
A continuación, realizouse un informe acerca das actividades que se están levando a cabo dentro do Grupo e sobre os asuntos máis relevantes de cada comisión. Entre eles destaca a vontade de crear un plan económico e unha comisión executiva da Asemblea para tratar proxectos pendentes co Goberno. "Este órgano estable -explicou o presidente do Grupo Cidades Patrimonio, Xerardo Conde Roa- será o interlocutor co Ministerio de Cultura".
Ademais do alcalde de Santiago, participaron na Asemblea o alcalde de Segovia e actual vicepresidente do Grupo, Pedro Arahuetes García; o alcalde de Ávila, Miguel Ángel García Nieto; o alcalde de Alcalá de Henares, Bartolomé González; a alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado del Campo; o alcalde de Córdoba, José Antonio Nieto; Juan Manuel Ávila, alcalde de Cuenca; Marienna Sánchez-Jáuregui, alcaldesa de Ibiza; Pedro Acedo Penco, alcalde de Mérida; Alfonso Fernández Mañueco, alcalde de Salamanca; Josep Fèlix Ballesteros, alcalde de Tarragona; Emiliano García-Page, alcalde de Toledo, e a secretaria do Grupo, Sonsoles Guillén.
O Grupo Cidades Patrimonio creará unha comisión executiva para exercer de interlocutora co Ministerio de Cultura
29/07/2011 A Asemblea Ordinaria do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse na Casa Canals de Tarragona. A Asemblea foi presidida polo alcalde de Santiago e actual presidente do Grupo, Xerardo Conde Roa.
A reunión comezou coa imposición das insignias aos novos alcaldes por parte do presidente do Grupo, Xerardo Conde Roa, e do alcalde de Tarragona, Josep Fèlix Ballesteros. Os alcaldes aos que se lles impuxo a insignia son: o de Segovia, Pedro Arahuetes García; a alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado del Campo; o alcalde de Salamanca, Alfonso Fernández Mañueco; o de Córdoba, José Antonio Nieto; o de Cuenca, Juan Manuel Ávila, e a alcaldesa de Ibiza, Marienna Sánchez-Jáuregui.A continuación, realizouse un informe acerca das actividades que se están levando a cabo dentro do Grupo e sobre os asuntos máis relevantes de cada comisión. Entre eles destaca a vontade de crear un plan económico e unha comisión executiva da Asemblea para tratar proxectos pendentes co Goberno. "Este órgano estable -explicou o presidente do Grupo Cidades Patrimonio, Xerardo Conde Roa- será o interlocutor co Ministerio de Cultura".