PLENO

O Concello solicita preto dun millón de euros á Xunta para programas sociais

28/07/2011 Na sesión ordinaria de xullo do Pleno da Corporación deuse conta dun acordo da Xunta Local sobre a solicitude de subvencións á Xunta de Galicia ao abeiro da Orde de 3 de marzo de 2011, pola que se regulan as bases para a concesión de subvencións.

O Concello solicitou 928.699,56 euros para a realización de programas e actividades sociais. De concederse a subvención, o Concello achegaría 1.041.956,45 euros (o 51,96% do total dos proxectos). Tamén se demandará 47.802,29 euros para proxectos de desenvolvemento do pobo xitano. Neste caso a contribución municipal sería de 14.281,33 euros.

Estas subvencións estarían destinadas a sufragar programas de axuda no fogar, de prevención e inclusión social, de apoio a colectivos con necesidades específicas e de realización de estudios.

Nesta sesión ordinaria tamén se deu conta das resolucións da Alcaldía en materia de dedicacións exclusivas, de delegación de competencias en concelleiros e de nomeamento de persoal eventual.

Compartir: