CONSORCIO
De forma paralela, asinouse un segundo convenio polo cal a Universidade reservará prazas pertencentes ao seu sistema de residencias, destinadas aos alumnos do curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais. En concreto reservaranse 18 cuartos na residencia do Burgo das Nacións.
Curso de especialización orquestral
Dende o mes de marzo, o Consorcio de Santiago asumiu a xestión da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, vinculada á Real Filharmonía de Galicia, cuxo director titular, Antoni Ros Marbà, é ademais director da Escola. Unha vez asumida esa xestión, o Consorcio puxo en marcha a primeira convocatoria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral para o período 2011-2013, á que se presentaron 115 persoas procedentes de 17 países diferentes. Actualmente estanse a seleccionar os 18 alumnos que formarán parte do curso.
Os mestres titores deste curso serán os músicos da Real Filharmonía de Galicia. Como complemento, o curso contará con mestres visitantes instrumentais, especialistas de relevancia como Jean-Jacques Kantorow, Stefan Schilli, Alessandro Carbonare, Enrico Dindo, Ernst Weissensteiner y Rainer Seegers, entre outros. Ademais de adquirir a súa experiencia instrumental, os alumnos poderán formarse tamén a través das materias teórico-prácticas no eido social, laboral, técnico, de saúde e farán prácticas na Real Filharmonía. Así, a Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia vaise colocar ao nivel doutras institucións docentes europeas. En España non existe a día de hoxe ningún proxecto educativo que se lle pareza, se ben no resto de Europa si existen escolas de similares características orientadas cara á profesionalización orquestral. O curso terá unha duración de dous anos.
O Plan de Estudos do curso caracterízase por estar orientado cara a unha atención persoal e individualizada xa que cada mestre-titor terá un só alumno. Así mesmo, o plan comprenderá clases individuais de instrumento a cargo dos solistas da Filharmonía, clases de cámara, cursos, charlas e conferencias orientadas cara ao mundo profesional e cultural. Trátase, polo tanto, dunha importante axuda para a incorporación dos músicos ao mundo laboral e profesional das orquestras sinfónicas.
Novidosos contidos teórico-prácticos
Adquiren unha especial relevancia, no apartado extra instrumental, os contidos relacionados cos correctos hábitos posturais, a boa disposición do corpo e a mente, así como as técnicas de concentración axeitadas para un máximo aproveitamento no estudo. Estes contidos teórico-prácticos farán especial incidencia na cultura musical, nos estamentos musicais profesionais, na temática vinculada ao ámbito profesional (axencias de contratación, xestión orquestral, xestión administrativa), na saúde (técnica Alexander, técnicas de relaxación e de rendemento no estudo) e técnicas de gravación.
A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia queda vinculada á Universidade de Santiago grazas a un convenio co Consorcio
28/07/2011 O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, asinaron un convenio para a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia á Universidade. Este acordo vai supoñer un importante impulso aos estudos superiores en materia de práctica orquestral que se desenvolven na Escola, asociada dende o seu inicio á Real Filharmonía de Galicia.
O obxecto do convenio é regulamentar a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais á Universidade de Santiago, de xeito que a entidade académica vai recoñecer como títulos propios os estudos de posgrao do programa docente da Escola, e vai emitir un diploma específico de especialización orquestral. Ademais, para garantir unha axeitada ordenación da docencia, créase un Consello Académico que vai establecer os planes de estudos.De forma paralela, asinouse un segundo convenio polo cal a Universidade reservará prazas pertencentes ao seu sistema de residencias, destinadas aos alumnos do curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais. En concreto reservaranse 18 cuartos na residencia do Burgo das Nacións.