CULTURA
Segundo explican dende a Fundación, "a herba que cobre o solo da estancia invita a descalzarse no patio que un día soñaches, onde a inspiración se une co gusto. Nunha intervención axustada á nosa crise; reversible no seu formato; recuperable no seu contido".
"Un recuncho do museo, que anima a espertar unha idea que comeza. Como lugar de paso ou de encontro, ou simplemente un lugar onde tomar un café contigo mesmo, mentres observas o ceo da cidade a través dun teito de cristal que mostra un ceo cambiante nas diferentes estacións do ano", dinlle ao visitante.
A Fundación Eugenio Granell crea así un novo espazo polivalente adaptado ás necesitades do público, dende os máis pequenos ata os maiores. O lucernario dispón de conexión gratuíta a Internet. No mesmo poderán consultarse as publicacións do museo, así como unha variada selección de publicacións culturais. Ademais, o visitante terá á súa disposición diferentes produtos de cafetería.
A Fundación Granell estrea un novo espazo
28/07/2011 Inaugurouse na Fundación Eugenio Granell un novo espazo: a Sala Lucernario. Trátase dunha nova estancia deseñada interiormente polo arquitecto Marcos Zacarías. A proposta complétase coa colocación da peza Árbol 32, que o artista Xurxo Oro Claro doou especificamente para este espazo.
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e a directora da Fundación Granell, Natalia Fernández, inauguraron este novo espazo, situado no antigo patio interior do Pazo de Bendaña. Zacarías ideou un novo espazo, unha creación aberta ao enxeño cultural e un lugar de sensacións onde relaxarse, meditar ou refrescar ideas.Segundo explican dende a Fundación, "a herba que cobre o solo da estancia invita a descalzarse no patio que un día soñaches, onde a inspiración se une co gusto. Nunha intervención axustada á nosa crise; reversible no seu formato; recuperable no seu contido".