ALCAlDÍA

Sánchez Bugallo asiste ao acto de transferencia da Presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

24/02/2006 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu, o venres 24 de febreiro, ao acto de transferencia da Presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal. Neste acto o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asumiu a presidencia desta Comunidade para os dous próximos anos.

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, constituiuse formalmente en 1991 pola Xunta de Galicia e a Comisión de Coordenación e Desenvolvemento Rexional de Rexión Norte de Portugal.

Este acto serviu para presentar os obxetivos do Plan Estratéxico para os próximos seis anos e o balance de actividades da Presidencia lusa entre 2003 e 2006. Tamén se firmou o Acordo Constitutivo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, que servirá de marco para avanzar nas novas fórmulas de cooperación. Estableceuse un protocolo de colaboración de un estudo sobre o enlace ferroviario de altas prestacións entre Vigo e Oporto.

Compartir: