EDUCACIÓN

Continúan os concertos didácticos no Auditorio de Galicia

24/02/2006 Un grupo de perto de cen rapaces e rapazas da Casa do Neno e do centro Cativo asistirón ao concerto didáctico celebrado o venres, 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia no marco do programa didáctico que desenvolve o Departamento de Educación e Mocidade do Concello en colaboración coa Banda Municipal de Música.

A actividade denominada OS instrumentos da Banda de Música" está dirixida aos nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria.

Esta actividade permite coñecer os instrumentos e a sonoridade da banda e diferenciar os distintos estilos musicais. A proposta complétase cunha carpeta de documentación para o profesorado, na que se inclúen a ficha técnica e pedagóxica e a publicación A Banda Municipal de Música, elaborada polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello.

Compartir: