ALCALDÍA

Despedida institucional de Xosé A. Sánchez Bugallo dos hostaleiros composteláns

30/06/2011 O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a súa última visita institucional. Desta vez pasaron por Raxoi os presidentes da Asociación de Hostalería de Compostela e Comarca, sección Hospedaxe e Restauración, José Antonio Liñares e Jesús Sordo.

Sánchez Bugallo agradeceu á Asociación o seu "magnífico traballo" e "grande esforzo" en prol da hostalería e restauración de Compostela. Así, valorou o seu labor para lograr "unha das plantas hoteleiras mellor e máis diversificada de España".

José Antonio Liñares deu as grazas ao alcalde en funcións polas súas palabras e desexoulle moita sorte no seu novo labor na oposición municipal. Cara o futuro e malia o contexto de crise económica, destacou que a hostalería e a restauración de Compostela "está razoablemente ben se nos comparamos con outras cidades do noso entorno".

Compartir: