EDUCACIÓN E MOCIDADE
Alumnos de español na cidade alemana de Elfershausen visitan Compostela
24/02/2006 A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, recibiu, o venres 24 de febreiro, a un grupo de 16 estudantes de español procedentes de Elfershausen (Alemania). Este grupo, con alumnos de 15 e 16 anos acompañados de tres mestres, permanecerá en Compostela ata o martes 28 de febreiro para coñecer a vida cotiá de Santiago e do resto de Galicia.
Durante a súa estadía na capital galega manterán contacto cos alumnos de alemán do IES. Rosalía de Castro e visitarán diferentes museos da cidade.