CULTURA
Ademais, no eido da música, o público poderá asistir tamén aos concertos da Banda Municipal que, dirixida por Xosé Carlos Seráns, dará este mes oito concertos, todos ao aire libre. Serán os xoves ás 19:30 horas e os domingos ás 12:00 horas, todos na rúa do Vilar, coa excepción do previsto para o xoves 2, que será tamén ás 12:00 horas con motivos das festas da Ascensión, e o do domingo día 12, que se celebra na praza de Europa das Fontiñas, ás 13:30 horas, con motivo das festas do barrio.
No Auditorio de Galicia teremos á Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Karel Mark Chichon, o domingo 4 ás 20:30 horas, con motivo da conmemoración do 800 aniversario da Consagración da Catedral. Enmárcase dentro do ciclo Galicia Classics da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e contará coa mezzosoprano Elina Garanca. Por último, cómpre destacar o concerto no Teatro Principal da pianista Haruna Tabeke, o luns 20, con pezas de Debussy e Chopin.
No ámbito do teatro destacamos este mes a estrea no Auditorio de Galicia da nova obra do Centro Dramático Galego, A ópera dos tres reás, de Bertold Brecht, dirixida por Quico Cadaval. Logo da estrea, o xoves 23, haberá funcións os días 24, 25 e 26. No mundo das letras salienta a posta en marcha este mes dunha nova actividade en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, Roteiros Literarios en Compostela, mediante a cal distintos escritores fan un roteiro pola cidade con diversas actividades literarias. Así, o martes 14 celebrarase o roteiro con Euloxio Ruibal, que sairá de San Domingos de Bonaval ás 20:00 horas, e o martes 28 o de Marilar Aleixandre con saída á mesma hora da praza do Obradoiro.
En canto ao audiovisual, neste mes de xuño haberá varias estreas e proxeccións no Teatro Principal. O venres 17, teremos Eduardo Barreiros, o Henry Ford español, de Simón Casal de Miguel, un documental de Continental Producciones; o mércores 22 poderemos ver o documental de Saga TV Memoria do Castiñeiriño, de Marcos Gallego. O martes 28 será a vez de A maleta de Sofía, tamén de Marcos Gallego e de Saga TV, e o xoves 30 estrearanse as curtas O Show de… de Manuel Lema e As damas negras e Leo e Mario, de Sonia Méndez.
Continúan ademais as exposicións. No Auditorio de Galicia, Casus Belli+Refutación do contexto; na Zona "C", Un acto heroico, de David Rubín, ata o 26 de xuño; e nos Centros Socioculturais Camiño de Santiago: Augsburgo-Santiago de Compostela, do 13 ao 18 no CSC das Fontiñas; e A memoria da xente ata o día 7 no CSC da Trisca.
Dentro da programación dos CSC destaca a IV Romaría dos CSC, que se celebra o sábado 11 no Campo da Festa de Figueiras, enmarcada dentro do programa Vive o verán. Ademais, continua o programa No Campo de Fóra, que a Concellaría de Cultura pon en marcha con aCentral Folque e que neste mes ofrecerá o venres 10, ás 20:00 horas no CSCXM do Ensanche, o concerto Combos aCF con voces folque e Sacandia; e o sábado 11 os Diatónicos, Aula acordeón + Quintá, Pascual e Otero no CSC de Vite. Por último, resaltar a visita guiada ás ruínas do Castelo da Rocha Forte que se organiza o mércores 29 con saída ás 10:30 horas do CSCXM do Ensanche.
Compostela Máxica e o último concerto da temporada de Sons da Diversidade, protagonistas culturais do mes de xuño
31/05/2011 A programación cultural do mes de xuño ten como protagonista principal a maxia, xa que do 6 ao 12 celebrarase a V edición da Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica, cuxo programa completo será presentado o mércores 1 de xuño en rolda de prensa. Ademais, chega o último concerto desta edición de Sons da Diversidade, os concertos da Banda Municipal de Música ao aire libre e a estrea de A ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego.
O derradeiro concerto desta edición do ciclo Sons da Diversidade será o venres 17 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. A Santiago chega o espectáculo Música Calada. A vida rima, de Ana Belén e Rosa Torres-Pardo.Ademais, no eido da música, o público poderá asistir tamén aos concertos da Banda Municipal que, dirixida por Xosé Carlos Seráns, dará este mes oito concertos, todos ao aire libre. Serán os xoves ás 19:30 horas e os domingos ás 12:00 horas, todos na rúa do Vilar, coa excepción do previsto para o xoves 2, que será tamén ás 12:00 horas con motivos das festas da Ascensión, e o do domingo día 12, que se celebra na praza de Europa das Fontiñas, ás 13:30 horas, con motivo das festas do barrio.