ALCALDÍA

Reunión do alcalde en funcións coa presidenta do Parlamento de Galicia

31/05/2011 O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo.

Sánchez Bugallo segue así coa súa rolda de contactos cos máximos responsables institucionais para despedirse deles a unhas semanas de deixar o cargo. A continuación será a vez da Universidade de Santiago, do Consello da Cultura ou do Valedor do Pobo, entre outros.

Compartir: