EDUCACIÓN

Preto de 200 escolares exhibiron as súas habilidades na danza nunha actuación especial no Auditorio de Galicia

28/05/2011 O Certame de Danza Intercentros celebrou á súa sexta edición. 187 rapazas e rapaces (nesta ocasión bailaron catro nenos) amosen ao numeroso público congregado no Auditorio de Galicia o froito do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso.

O VI Certame de Danza Intercentros contou coa participación de cinco centros escolares, que representaron 15 coreografías. Malia a coincidencia horaria en parte coa final da Liga de Campións, o Auditorio encheuse para esta actuación especial, que durou unha hora e media aproximadamente.

Participaron nesta edición os seguintes centros: Colexio San José de Cluny, do CEIP Pío XII, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Rosalía de Castro e CEIP López Ferreiro. Por esta orde, representaron: Cincenta (varios), África (varios), Perdidas no vento (Editors), Don Quixote (Ludwig Minkus), Pinocho (Leigh Harlene e Ned Washington), O lago dos cisnes (P.I. Tchaikovsky), Perhaps (Pussycat Dolls), Maxia en Hogwarts (Richard Clayderman), NY (Alicia Keys), Primavera (Ludovico Eunaidi), La dernière (varios), Bonecas de trapo (Léo Delibes), Over again (Muse), Transformation (varios) e Danza das horas (W.A. Mozart).

Compartir: