ALCALDÍA
Este encontro permitirá o intercambio de experiencias e a análise de posibilidades para posible acordos de colaboración que posibiliten os intercambios de profesorado e alumnado dos diferentes másteres que desenvolvan as cátedras implicadas. O coñecemento mutuo e o establecemento de redes de coñecementos son outros obxectivos perseguidos con esta iniciativa.
Reunión en Raxoi de Xosé A. Sánchez Bugallo con Federico Mayor Zaragoza
27/05/2011 O alcalde compostelán en funcións Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza.
Mayor Zaragoza está en Santiago para participar nas Cátedras Unesco de Cultura de Paz, Dereitos Humanos, Democracia, Cidadanía, Xénero, Interculturalidade e Migracións, cuxo acto inaugural se celebrou a continuación na Facultade de Filosofía. O Concello de Santiago colabora nestas Cátedras, organizadas pola Universidade de Santiago, o Seminario Galego de Educación para a Paz, a Fundación Cultura de Paz e a Unesco.Este encontro permitirá o intercambio de experiencias e a análise de posibilidades para posible acordos de colaboración que posibiliten os intercambios de profesorado e alumnado dos diferentes másteres que desenvolvan as cátedras implicadas. O coñecemento mutuo e o establecemento de redes de coñecementos son outros obxectivos perseguidos con esta iniciativa.