EDUCACIÓN
O colofón a todo este abano de actividades foi unha sesión especial de contacontos e música que se celebrou na Galería Sargadelos. A festa continuou no Liceo Casino de Santiago, coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música.
A clausura da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura permitiu facer unha última visita aos espazos artísticos nos que transcorreron as actividades. O percorrido abarcou as ilustracións de Mariona Cabassa para A familia C", de Adrià Fruitós para Mago Goma, de Antonio Santos para Pancho, de Vanina Starkoff para Bailar nas nubes (finalista do III Premio Internacional Compostela), de Giulia Campolmi para O paraugas amarelo e do galego David Pintor para o caderno de viaxe titulado Compostela. O equipo de animación á Lectura de Kalandraka amenizou o itinerario coa narración dalgún destes contos, que contou con ambientación musical en directo.
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura contou con dous fitos importantes: o fallo do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que recaeu na obra El camino de Olaj, de Martín León-Barreto, seleccionada entre un total de 374 traballos procedentes de 19 países; e a presenza en Santiago do prestixioso ilustrador italiano Roberto Innocenti, que participou no xurado do certame e impartiu unha charla sobre a súa traxectoria artística, da que destacan títulos como As aventuras de Pinocho, A historia de Erika ou A casa.
Unha sesión de contos e música puxo fin á Campaña de Animación á Lectura
30/04/2011 A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora, chegou ao seu fin. Durante a campaña participaron máis de 4.500 escolares dos centros de ensino de Santiago e bisbarra.
Contando e cantando coa familia C, que tomara o seu lema da obra gañadora do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, titulado A familia C, comezou o 14 de marzo. Dende esa data sucedéronse as sesións de contos e música para escolares da bisbarra compostelá, as visitas guiadas á exposición de ilustracións, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as visitas ás escolas infantís, as sesións de contos para bebés, as xornadas formativas para o profesorado e as sesións de animación á lectura para familias.O colofón a todo este abano de actividades foi unha sesión especial de contacontos e música que se celebrou na Galería Sargadelos. A festa continuou no Liceo Casino de Santiago, coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música.