CONSORCIO
A longa traxectoria que ten Froiz en España, con máis de 43 anos de historia, sitúa ao seu fundador, Magín Alfredo Froiz Planes, no cumio de exitosos empresarios galegos. A empresa conta con catro formatos diferentes de negocio en función da súa ubicación, metros cadrados de sala de vendas e oferta comercial. A súa sede principal atópase en Lourido (Poio) e é o principal centro loxístico da empresa, con varias naves que albergan almacéns de alimentación, todos coa maior calidade que caracteriza á empresa.
Froiz decidiu participar activamente no evento que conmemora o 800 aniversario da Catedral da capital galega porque é unha forma de apoiar unha das referencias históricas e culturais de Galicia, tal como manifestou o director xeral da empresa. O alcalde referiuse a Froiz como "unha empresa galega integrada na paisaxe urbana de Galicia", mentres que o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, destacou a importancia da colaboración desta firma non só pola achega económica, senón tamén polo que supón para a difusión do evento.
Pola súa parte, Avante Márketing&Medios será colaboradora no desenvolvemento do programa pensado para a efeméride. Avante é unha axencia de medios de capital galego e con presenza en Madrid, Murcia e Porto (Portugal), orientada a prestar servizos en materia de xestión e asesoramento de publicidade en medios, tanto para grandes anunciantes, corporacións e pequenas empresas. Neste sentido, Avante realiza traballos en materia de consultoría e márketing, negociación e xestión de campañas, estratexia e táctica, márketing dixital, medición da resposta e formación.
O xerente do Consorcio valorou a implicación dunha empresa pequena coma esta, xa que un dos obxectivos é "diversificar" a colaboración. O alcalde tamén agradeceu a Avante a súa aposta pola efeméride, que á súa vez é "a primeira incursión publicitaria da empresa, pola cal se amosou "orgulloso" o seu director en Galicia.
Froiz e Avante Márketing & Medios convértense en patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral de Santiago
29/04/2011 O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou co director xeral de Distribuciones Froiz, José María Froiz Prieto, e co director en Galicia de Avante Márketing & Medios, Juan Manuel Muñoz Moreno, os acordos polos que estas dúas empresas pasan a ser patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral de Santiago.
Segundo o acordo, a empresa alimentaria Froiz, participará como patrocinadora no programa do oitavo centenario da consagración da Catedral, o que implicará a inserción do logotipo do evento nos diferentes soportes que posúe a empresa, contribuíndo así á súa difusión e promoción nos territorios nos que está implantada (Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e o norte de Portugal).A longa traxectoria que ten Froiz en España, con máis de 43 anos de historia, sitúa ao seu fundador, Magín Alfredo Froiz Planes, no cumio de exitosos empresarios galegos. A empresa conta con catro formatos diferentes de negocio en función da súa ubicación, metros cadrados de sala de vendas e oferta comercial. A súa sede principal atópase en Lourido (Poio) e é o principal centro loxístico da empresa, con varias naves que albergan almacéns de alimentación, todos coa maior calidade que caracteriza á empresa.