LINGUA

Novos cursos de lingua galega

14/02/2005 Dirixidos ao público en xeral, os cursos comezarán o 22 de marzo e terán unha duración de 60 horas lectivas.

A Concellaría de Política Lingüística do Concello de Santiago e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia fan pública a oferta completa de cursos de lingua galega, abertos ao público en xeral, que se van realizar en Compostela durante a primavera dentro da orde de convocatoria do 3 de febreiro de 2006 (DOG do 13/02/2006), co seguinte calendario:

INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO
-8.30 a 10:30 horas. Luns a venres. Centro Sociocultural de Vite
-10 a 12.00 horas. Luns a xoves. Centro Cultural Xoán XXIII
-16.30 a 18.30 horas. Luns, mércores, xoves e venres. IES Xelmírez I (Campus Sur)
-19 a 21 horas. Luns a venres. IES Xelmírez I (Campus Sur)

LINGUA ORAL
-19 a 21 horas. Luns a venres. IES Xelmírez I (Campus Sur)

A inscrición pode formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago ou nos correspondentes da Xunta de Galicia ata o 9 de marzo, presentando cuberto o formulario oficial e unha copia do título de iniciación se o que se vai solicitar é perfeccionamento.

A partir do día 14 de marzo poderán consultarse as listas de admisión no Departamento de Lingua Galega do Concello (981 542 409/ dlg@compostelacultura.org) ou no taboleiro do Gabinete de Normalización da Delegación Provincial na Coruña.

Os cursos comezarán o 22 de marzo e terán unha duración de 60 horas lectivas.

Para máis información pode acudirse ao Departamento de Lingua Galega (Casa do Concello, entrada pola avenida de Raxoi) ou á Oficina de Atención ao Cidadán (rúa de Salvador Allende) no Concello de Santiago.

Compartir: