TURISMO
Incolsa aproba as contas de 2010 cun saldo positivo de 221.712 euros despois de impostos
31/03/2011 O consello de Administración de Incolsa, presidido polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, aprobou a formulación das contas anuais correspondentes ao exercicio do 2010, cun saldo positivo de 221.711 euros despois de impostos. Das contas extráese un volume de ingresos de 2.579.270 euros e un volume de gastos de 2.357.558 euros.
No ano 2010, a empresa municipal de promoción turística desenvolveu múltiples actividades para a consolidación de Santiago coma destino internacional de calidade, entre as que destacan a organización da segunda edición do Fórum Gastronómico, a promoción da cidade e do Ano Santo participando nos principais foros internacionais (Fitur, BIT Milán, ITB Berlín, IMEX Frankfurt, EITBM Barcelona ou a WTM Londres), a atención de máis de 231.000 consultas na oficina de información turística, a organización da terceira edición de Santiago(é)Tapas, o desenvolvemento de diferentes publicacións e materiais promocionais, a organización de presstrips estatais e internacionais, ou a promoción da cidade como destino de congresos a través do Santiago de Compostela Convention Bureau e coma destino para producións audiovisuais a través da Santiago de Compostela Film Commission.