ALCALDÍA
O 54% da poboación ten pouca ou ningunha información sobre o cancro de colon, segundo se desprende dun estudo do Observatorio da AECC. Non obstante, o cancro colorrectal pódese curar nun 90% dos casos de ser detectado de maneira precoz. Esta é a mensaxe que a Asociación quere transmitir con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Colon.
Compostela súmase aos actos do Día Mundial contra o Cancro de Colon
31/03/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na Alameda nos actos programados pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Colon.
A Asociación instalou na Alameda un colon xigante que permite camiñar polo seu interior. Os visitantes atopan nel información sobre esta rexión intestinal e sobre o cancro de colon.O 54% da poboación ten pouca ou ningunha información sobre o cancro de colon, segundo se desprende dun estudo do Observatorio da AECC. Non obstante, o cancro colorrectal pódese curar nun 90% dos casos de ser detectado de maneira precoz. Esta é a mensaxe que a Asociación quere transmitir con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Colon.