ALCALDÍA

O alcalde será o pregoeiro da Festa da Uña

30/03/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, mantiveron un encontro cos membros da Asociación Cultural e de Festas de San Lázaro, encargada da organización da Festa da Uña, que este ano se celebrará os días 9, 10 e 11 de abril.

O motivo da reunión foi a presentación do programa de actos que a Asociación ten preparado para celebrar esta festa tradicional do barrio de San Lázaro, así como trasladarlle ao alcalde o seu desexo de que sexa o pregoeiro, petición que este aceptou.

O Concello quíxose implicar hai anos na recuperación desta festa, que se celebra sempre o quinto domingo de Cuaresma, e dende entón colabora na súa organización.

Compartir: