MULLER
Os cursos terán lugar no Centro sociocultural das Fontiñas, rúa Berlín nº. 13, dende o día 13 de febreiro ao 21 de xuño de 2006 (ambos incluídos), cunha duración total de 174 horas cada un, conforme aos seguintes horarios:
1º curso: De luns a venres, das 09:00 ás 11:00 h
2º curso: De luns a venres, das 12:00 ás 14:00 h
Non serán lectivos os días 28 de febreiro, 13 e 14 de abril, 1 de maio, 17 de maio e 25 de maio.
A inscrición estará aberta dende o 6 ata o 9 de febreiro, ambos incluídos, e pode formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago, presentando cuberto o formulario que se facilita na oficina municipal de Atención ao Cidadán, rúa Salvador Allende, 4, baixo (Galeras).
A selección, tendo en conta que o número máximo de participantes é de 20 persoas por grupo, farase por rigorosa orde de entrada das solicitudes.
A partir do día 10 de febreiro poderán consultarse as listas de admisión na Concellaría da Muller (981 54 24 65)
REQUISITOS: Estar empadroada no Concello de Santiago.
Para máis información pode acudirse á Concellaría da Muller (praza da Constitución, 1) ou á Oficina de Atención ao Cidadán.
A concellería da Muller convoca novos cursos de informática
03/02/2005 Desenvolveranse de febreiro a xuño no Centro sociocultural das Fontiñas
A Concellaría da Muller do ConcelLo de Santiago de Compostela convoca dous cursos de informática para mulleres que se levarán a cabo durante os meses de febreiro a xuño de 2006, co seguinte contido: Iniciación á informática, Internet, Correo electrónico e Microsoft Word.Os cursos terán lugar no Centro sociocultural das Fontiñas, rúa Berlín nº. 13, dende o día 13 de febreiro ao 21 de xuño de 2006 (ambos incluídos), cunha duración total de 174 horas cada un, conforme aos seguintes horarios: