URBANISMO
A partir de agora poderanse continuar os procedementos de licitación aprazados transitoriamente a semana pasada. A estes concursos presentáronse un total de 76 ofertas que serán analizadas e das que se seleccionarán os adxudicatarios das obras, que teñen o prazo dun ano para a súa execución.
Emuvissa aproba a continuidade dos procesos de licitación nos polígonos industriais de Costa Vella e Formarís
28/02/2011 O Consello de Administración de Emuvissa celebrado acordou a continuación do procedemento de adxudicación do SUNP-37.3 de Costa Vella, non afectado polo recurso, e o rexeitamento do mesmo presentado contra o prego de licitación e proxecto de construción do enlace da N-550 cos ámbitos industriais de Costa Vella e Formarís, continuando o procedemento de licitación.
Tamén acordou rexeitar o recurso especial de contratación interposto por José Ramón Rivas Martínez contra o prego de licitación e proxecto de urbanización do SUNP-38 de Formarís por extemporáneo, elevando o expediente á Xunta de Goberno Local para a ratificación do acordo.A partir de agora poderanse continuar os procedementos de licitación aprazados transitoriamente a semana pasada. A estes concursos presentáronse un total de 76 ofertas que serán analizadas e das que se seleccionarán os adxudicatarios das obras, que teñen o prazo dun ano para a súa execución.