TURISMO
O perfil de visitante na xornada do domingo día 20 correspondeu ao dun público gourmet, moi sensible á restauración de calidade, mentres que o luns ao mércores, cando o Fórum estaba dirixido especialmente ao sector profesional, achegáronse xefes de compra, cociñeiros, responsables de restaurantes…
Ademais, o luns 21 o presidente da Generalitat de Catalunya, Artur Mas; a alcaldesa de Girona, Anna Pagáns; e o presidente da Diputació de Girona, Enric Vilert, visitaron o expositor de Turismo de Santiago, onde foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, apoiando coa súa presenza a vinculación entre Santiago e Girona e Galicia e Cataluña.
A presenza de Turismo de Santiago foi o primeiro paso oficial do Fórum Gastronómico 2012, que está previsto que se celebre en Compostela. Para conxugar o valor gastronómico da cidade e a idea de que xa se está traballando no vindeiro Fórum, escolleuse o lema "Algo se está a cocer en Santiago", que se empregou en catro idiomas: galego, castelán, castelán e inglés.
Con esta idea, entre o Fórum Gastronómico de Girona e Turismo de Santiago, coorganizouse unha cea de presentación do Fórum Gastronómico Santiago 2012, á que acudiron 140 persoas, entre representantes de institucións, profesionais do sector e xornalistas, tanto estatais coma internacionais. A cea, que tivo lugar no restaurante Mars Marroch, foi preparada por Joan, Josep e Jordi Roca, do restaurante El Celler de Can Roca, que ten tres estrelas Michelín, Paco Pérez, do Restaurante Miramar, que ten dúas estrelas Michelín, e Marcelo Tejedor. Todos os asistentes destacaron tanto a calidade dos produtos, que na súa maior parte eran de orixe galego, como a calidade na súa elaboración e presentación.
Máis de 4.000 persoas visitaron o stand de Turismo de Santiago no Fórum Gastronómico de Girona
25/02/2011 A presenza de Santiago de Compostela no Forum Gastronómico, que tivo lugar en Girona do 20 ao 23 de febreiro, conseguiu espertar o interese de numerosos visitantes a esta cita. O stand promocionou a oferta turística de Santiago, e en especial a súa ampla oferta gastronómica, seguindo coa liña estratéxica de Turismo de Santiago de posicionar a cidade nun referente no turismo gastronómico internacional.
A instalación santiaguesa foi unha das máis visitadas do recinto, con máis de 1.000 persoas diarias interesándose pola oferta turística e gastronómica da cidade e máis de 300 consumindo cada día os distintos produtos da gastronomía galega dispoñibles para degustación, como a tarta de Santiago, polbo á feira, queixos das catro denominacións de orixe, mexillón, cervexa Estrella Galicia…O perfil de visitante na xornada do domingo día 20 correspondeu ao dun público gourmet, moi sensible á restauración de calidade, mentres que o luns ao mércores, cando o Fórum estaba dirixido especialmente ao sector profesional, achegáronse xefes de compra, cociñeiros, responsables de restaurantes…