PARTICIPACIÓN CIDADÁ
- Venres 4 de marzo, de 17:00 a 20:00 h.
- Sábado 5 de marzo, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h.
- Luns 7 de marzo, de 10:00 a 13:00 h.
- Martes 8 de marzo, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h.
As fichas de inscrición presentaranse na Casa das Asociacións de Cornes.
Baile de Entroido
No marco do programa habitual de baile de maiores dos primeiros sábados de cada mes, haberá un baile especial de Entroido. Contará coa actuación do grupo musical Luzada e con cotillón.
Será o sábado 5 de marzo, ás 18:00 horas. A Concellería de Participación Cidadá anima os maiores a que veñan disfrazados e a compartir un viño galego cos produtos típicos de Entroido.
Máis información na Concellería de Participación Cidadá:
CASA DAS ASOCIACIÓNS DE CORNES
Rúa Manuel Beiras, 3
Teléfono: 981 542 350
participacioncidada@santiagodecompostela.gal
A Concellería de Participación Cidadá súmase ao Entroido cun obradoiro de disfraces e un baile para maiores
25/02/2011 A Concellaría de Participación Cidadá e Normalización Lingüística convida os cidadáns de Compostela a participar no variado programa do Entroido 2011 do Concello. Así, o Departamento suma dúas actividades dirixidas a pequenos e maiores: un obradoiro de disfraces e un baile de Entroido.
No taller traballarase con maquillaxe, disfraces de refugallo ou outros materiais, elaboración de caretas e accesorios, creación dun ambiente de Entroido a través de músicas e recitados co fin de presentarse no desfile cunha creación colectiva que rescatará as tradicionais mostras artísticas dos diferentes lugares de Galicia. En total serán 18 horas repartidas en sesións de tres horas nos seguintes horarios:- Venres 4 de marzo, de 17:00 a 20:00 h.