FESTAS
Baqueiro destacou que o Antroido xa é "cita indiscutible para todos os composteláns e que ano a ano gaña máis adeptos". En 2010, reuníronse máis de 50.000 persoas polas rúas da cidade que non perderon ollo aos disfraces dos 1.200 participantes (con 24 comparsas e 11 carrozas).
Para este ano, a Concellería preparou actividades para os cinco días de festa. Comeza o sábado 5 con obradoiros de maquillaxe, disfraces e máscaras no Toural. Ás 20:00 horas, Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño animarán o inicio das festas. A continuación, darase paso ao pregón, que este ano protagonizarán a parella cómica de moda en Galicia, as Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha, que coma sempre farán un sketch cómico con tintes do humor clásico galego. Estarán acompañadas pola Ardebullo Bin Ban, unha orquestra típica das verbenas que poñerá a nota musical.
Ademais do tradicional pregón, as famosas Cantareiras do Luar quedarán no Toural para o baile que amenizará a orquestra Ardebullo Bin Ban, unha formación de 11 músicos liderada polo vocalista Sito Sedes que recrea o espírito das grandes bandas galegas dos anos 40, 50, 60, ao estilo de Los Satélites, Los Tamara ou a Orquestra Finisterre. Durante dúas horas, Nucha e Mucha farán de mestras de cerimonia animando a todo o público a bailar cos grandes clásicos da música galega.
Un Meco con corpo de muller
Sobre as 20:30 horas terá lugar a subida do Meco aos balcóns do Pazo de Bendaña, dende onde vixiará o transcurso destas festas ata a súa queima. Méndez explicou o deseño da figura, para o que empregou como referencia o Pórtico da Gloria, dividido en tres ambientes: o inferno na parte inferior, que simboliza a crise representada por Sansón; a parte terrenal no centro, ocupada polo Meco e cun guiño por parte dos andamios ás continuas restauracións do Pórtico; e a parte superior ou gloria, onde o protagonista coquetea co trofeo do Mundial de Fútbol. "Este ano o Meco non é a clásica figura masculina ou travestida. Escollín o corpo dunha muller porque se prestaba mellor á idea e tamén para equilibrar a balanza con respecto a outros anos", indicou o escultor.
Durante a xornada do domingo, os rapaces serán os protagonistas e gozarán dunha tarde moi divertida na festa de disfraces da Sala Capitol que comezará as 17:00 horas, con premios incluídos tanto en metálico como xoguetes, que ascenden a un total de 2.500 euros. Os premios son os seguintes:
Grupo (mínimo 5 persoas):
1º.- 180 euros
2º.- 120 euros
3º.- 90 euros
Parella:
1º.- Dúas consolas Wii
2º.- Dúas bicicletas mountan bike
3º.- Dous Mp4
Individual:
1º.- Unha consola Wii
2º.- Unha bicicleta mountan bike
3º.- Un Mp4
4º e 5º.- Un equipo de música
O mellor desfile de Galicia
O martes celebrarase o gran desfile de Antroido, cun concurso en varias categorías: mellor carroza, mellor comparsa (formada por un mínimo de 10 persoas), grupo mellor caracterizado (de entre 3 e 6 persoas), mellor parella e mellor disfraz individual. Ademais, entregaranse premios á mellor comparsa procedente das parroquias e barrios do Concello de Santiago (incompatible coas categorías anteriores), que recoñece de forma xeral o compromiso dos barrios e parroquias co martes de Antroido, día sinalado do programa. Serán tres galardóns dotados con 600, 450 e 300 euros respectivamente. En total repartiranse 13.190 euros entre todas as categorías a concurso.
Para poder desfilar os interesados deben inscribirse na Concellaría de Festas (Teatro Principal, Rúa Nova, 21) antes das 14:00 horas do luns 7 de marzo.
Comezará ás 17:30 horas para percorrer varias das rúas do centro da cidade: pasará por Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e rematará na Avenida de Xoán Carlos I. O xurado estará disposto nos balcóns do Hotel Compostela, pero ademais haberá outros membros que de forma itinerante percorrerán distintos tramos do desfile para ver de preto a calidade dos números artísticos. A entrega de premios farase no paseo central da Alameda a partir das 21:00 horas, amenizada pola actuación da orquestra Ismael.
O mércores acaba o Antoido coa Queima do Meco. A cita será ás 20:00 horas na praza do Toural, para percorrer as seguintes rúas ata a praza Roxa: rúa Nova, Vilar, Senra, Doutor Teixeiro e República do Salvador. Coma sempre, os asistentes ao acto deben vestir de loito riguroso en sinal de dor, para ir acorde co acompañamento fúnebre da Banda de Ponteceso, os compoñentes de A Ruliña de Laraño, e a plegaria da Queima do Meco, Peccata Minuta, do grupo de Teatro Volta e Dálle.
Nucha e Mucha apadriñan o Antroido de Santiago de Compostela acompañados pola orquestra Ardebullo Bin Ban
25/02/2011 O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, acompañado polo creador do Meco, José Manuel Méndez, presentou o programa de actividades para o Antroido 2011, que se celebrará entre os días 5 e 9 de marzo.
Co Antroido ás portas, moitos composteláns acaban de confeccionar os seus disfraces e máscaras, ao igual que está a facer a Concellaría de Festas, que última os detalles dun programa de actividades con actuacións musicais, obradoiros de maquillaxe, concursos e desfiles. Baqueiro aproveitou a ocasión para agradecer a colaboración constante das comparsas tradicionais da cidade (Os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Garanduxos), que todos os anos traballan duro na organización da festa, coa animación nas rúas e a súa asistencia fiel ao desfile do martes.Baqueiro destacou que o Antroido xa é "cita indiscutible para todos os composteláns e que ano a ano gaña máis adeptos". En 2010, reuníronse máis de 50.000 persoas polas rúas da cidade que non perderon ollo aos disfraces dos 1.200 participantes (con 24 comparsas e 11 carrozas).