CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Belén realizado por Bando foi a gañador do concurso de beléns convocado por Centros socioculturais

28/01/2006 A concelleira de centros socioculturais, Mercedes Roson, fixo entrega dos premios do concurso de beléns de Nadal 2005 nun acto que tivo lugar no local social de Bando o venres 27 de xaneiro.

Este centro foi o gañador desta convocatoria que realiza cada ano o departamento de centros socioculturais.

Nesta edición participaron un total de 14 centros e locais da rede municipal. Os premios consisten nun diploma e un vale para mercar material didactico para cada un dos centros premiados.
Os premios foron:
1º premio : Bando
2º Premio : Vite
3º Premio : Conxo

Ao acto asistiron o director do departamento de centros socioculturais, Enrique Vázquez Naveira, e as directoras dos centro das Fontiñas e Trisca, Guadalupe Rodríguez Silva, e Mª del Carmen de la Cruz Pérez, respectivamente.

Compartir: