URBANISMO
A iniciativa do Goberno municipal de utilizar a súa empresa instrumental para reaccionar de forma inmediata e realista ante unha situación máis dificultosa para os cidadáns deu a posibilidade de ampliar os prazos de pagamento e facilitar o labor das cooperativas na súa xestión financeira.
Outros asuntos
Ademais, neste Consello tratáronse outros temas como a desestimación parcial das alegacións presentadas por Extraco Construcións e Proxectos, S.A. á liquidación do polígono 1 do SUNP-2 de Cornes e a cesión do contrato de urbanización do polígono de Lamas de Abade que a UTE Alcomte Galicia S.L- Mixturas Obras e Proxectos, S.A. cede á empresa Construcciones La Rosaleda, S.L.
Así mesmo, informouse ao Consello de que foron 21 as empresas que presentaron oferta para a execución das obras de construción da 1ª fase do enlace da N-550 cos ámbitos industriais SUNP-37.3, SUNP-38 e FINSA por importe de 4.089.785,95 euros. Deste xeito compróbase que a obra pública que ten en adxudicación Emuvissa está sendo de notable interese para as empresas do sector nestes momentos difíciles, o cal resulta moi importante para manter o emprego.
Emuvissa prorroga o prazo de pagamento de catro parcelas adxudicadas no mes de xullo
31/01/2011 No Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) aprobouse a prórroga do prazo de pagamento de catro das parcelas adxudicadas en xullo, ampliación de prazo que estaba contemplada no novo prego para alleamento que rexe os concursos de Emuvissa.
Deste xeito facilítase aos cooperativistas o financiamento da adquisición de solo para as súas parcelas e compróbase a utilidade de revisión do prego de alleamento realizada en marzo, que flexibilizou as condicións de adquisición para adecualas as novas condicións do mercado financeiro do crédito.A iniciativa do Goberno municipal de utilizar a súa empresa instrumental para reaccionar de forma inmediata e realista ante unha situación máis dificultosa para os cidadáns deu a posibilidade de ampliar os prazos de pagamento e facilitar o labor das cooperativas na súa xestión financeira.