CULTURA
Tamén regresa SCQ Danza con Espérame despierto (Teatro Principal, 18 de febreiro) da compañía Mopa, que se autodefine na súa propia web como "Espectáculos de danza nos que o público non resopla". Ademais, presentarán na cidade os seus novos espectáculos Áncora Producións -Pisados, de Gustavo Pernas-, que estará no Principal os días 16 e 17; e Titziana Teatre, que representará Existus, escrita e dirixida por Diego Lorca e Pako Merino (27 e 28 de febreiro).
No eido musical a protagonista deste mes é Mari Boine, a representante máis internacional da cultura lapona e do seu ancestral xeito de cantar, o joik, que acompaña cunha música que mestura elementos tradicionais e jazz. Tal e como comentou a propia García Conde, "Boine é unha das propostas máis atractivas e novidosas da programación de Sons da Diversidade".
Ademais, neste mes haberá tres concertos dentro do programa de abono da Real Filharmonía de Galicia: o do día 10, dirixido por Frank Peter Zimmermann; o 17 por Antoni Ros Marbà; e o 24 a batuta estará na man de Helmuth Rilling.
E dende o 13 de febreiro, o Teatro Principal volve estar operativo logo dun breve período de obras e cunha importante mellora na súa confortabilidade. Polo tanto, os concertos dos domingos da Banda Municipal de Música volven ao seu escenario tradicional.
Programa didáctico
Outro dos pratos fortes neste mes é o programa didáctico, que inclúe a ópera A cincenta, de Rossini, nun espectáculo producido polo Gran Teatre del Liceu e adaptado especialmente para nenos e nenas. Ten lugar o martes 1 e mércores 2 de febreiro no Auditorio en dobre sesión: ás 10:00 e ás 12:00 horas. Tamén a Banda Municipal fará un programa especial para adolescentes en torno a Cine e música o xoves 10; e o trío acústico Son+D2 fará o propio interpretando cancións de Xoán Curiel en galego.
No apartado expositivo, continúa no Auditorio (ata o 27 de marzo) a mostra dedicada a Alberto Korda, e o 9 de febreiro inaugurarase na Zona "C" Carolina Caluori. Give me your picture..., comisariada por Basilisa Fiestras, e que permanecerá neste espazo ata o 24 de abril.
Ademais, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche poderanse ver dúas mostras máis: 50 anos en carteis, de Mans Unidas (do 1 ao 14 de febreiro); e Compostela con outros ollos. Fotografías de Ana Rello (do 16 ao 28 de febreiro). Tamén regresa o Obradoiro do Espectador, un programa da Rede Municipal de Centros Socioculturais e o Grupo Chévere, un espazo didáctico onde, a través de profesionais, se poden coñecer diferentes propostas de arte escénica.
Por último, o programa Cinemas Dixitais trae aos centros socioculturais interesantes produtos audiovisuais galegos, como os documentais As Encrobas (día 9) ou A cidade perdida (día 19).
Febreiro trae a música de Mari Boine e novidades nas artes escénicas
31/01/2011 A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou unha programación cultural do mes de febreiro na que destacan o espectáculo Razas, cuxa versión orixinal vén de triunfar en Broadway dirixida polo seu propio autor, o tamén guionista e director de cine David Mamet.
A adaptación de Razas que chega a Compostela está dirixida por Juan Carlos Rubio e protagonizada por Toni Cantó e Bernabé Rico. Forma parte do programa Teatro e Danza en Xira e terá lugar o sábado 19, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.Tamén regresa SCQ Danza con Espérame despierto (Teatro Principal, 18 de febreiro) da compañía Mopa, que se autodefine na súa propia web como "Espectáculos de danza nos que o público non resopla". Ademais, presentarán na cidade os seus novos espectáculos Áncora Producións -Pisados, de Gustavo Pernas-, que estará no Principal os días 16 e 17; e Titziana Teatre, que representará Existus, escrita e dirixida por Diego Lorca e Pako Merino (27 e 28 de febreiro).