ALCALDÍA

Recepción con motivo da Copa Príncipe

30/01/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os directivos do Blu:sens Monbus e do CB Murcia e os representantes federativos con motivo da celebración da Copa Príncipe de baloncesto.

O Multiusos Fontes do Sar acolleu pola tarde a Copa Príncipe de baloncesto, que disputaron os dous primeiros clasificados na primeira volta da Liga LEB Ouro, o Blu:sens Monbus e o CB Murcia, respectivamente. Antes do partido, os representantes da Federación Española de Baloncesto e as directivas dos clubs foron recibidos en Raxoi polo alcalde e a Corporación Municipal.

Logo, sobre a cancha, o Blu:sens Monbus fíxose co título ao derrotar ao conxunto murciano por 81-78.

Compartir: