EDUCACIÓN

Os alumnos de Nuestra Señora de los Remedios celebran o Día da Paz

30/01/2006 Os rapaces e cativos do Colexio Nuestra Señora de los Remedios abandoaron o luns 30 de xaneiro por un tempo as súas aulas para, desde a Praza do Obradoiro, desde a praza da concordia, expresar o seu compromiso pola paz no Día mundial pola paz.

Alumnos de distintas idades, desde infantil ata 4º de ESO, foronse turnando na lectura do seu manifesto, acompañados polo alcalde de cidade, Sánchez Bugallo, que compartiu con eles unha mañá tan luminosa como os desexos dos cativos.

Párrafo a párrafo os rapaces deron lectura ao Manifesto da paz 2006:

CONSTAMOS:
Algunhas veces pelaxámonos
Non respetamos as regras do xogo
Non acollemos algúhns compañeiros/as no noso equipo
A falta de responsabilidade mas tarefas cotías
No noso mundo falta respecto a tolerancia
Que cada ano existen máis casos de violencia de xénero e vemos que iso transmítese ós adolescentes provocando unha violencia nas aulas cada vez máis acusada.

DENUNCIAMOS:
Non sempre compartimos o que temos
Non sabemos escoitar cando nos falan
Non recoñecemos as boas cualidades dos nosos compañeiros/as
A pousca solidariedade cos que teñen menos ca nós
O abuso inxustificado da violencia
A falta de apoio aos rapaces diferentes e con problemas especiais

COMPROMETÉMONOS:
A xogas sen pelexar e compartir cos demáis
Axudarnos e non acusar ós compañeiros/as
A valorar os recursos respectando o medio ambiente
A escoitarnos e respectar as dierencias
A da-lacara polos demáis e poñernos de parte dos que están sós e amedrentados

Compartir: