PLENO
Segundo explicou, os ingresos correntes mantéñense nun ano de crise económica na que a forte tensión sobre o gasto corrente municipal vén derivada pola posta en marcha de novos equipamentos e infraestruturas consecuencia da política inversora dos dous últimos anos. O orzamento municipal ascende a 95,2 millóns de euros. Os ingresos corrente increméntanse un 0,20% e os gastos correntes decrecen un 1,71%.
Rexístrase unha baixada próxima ao 15% nos gastos correntes de funcionamento ordinario do Concello e naquelas achegas municipais aos entes e sociedades. O total do capítulo II diminúe un 0,85%. A razón, o mantemento dos servizos básicos municipais e a posta en marcha dos novos equipamentos (polideportivo Fontiñas, Ludoteca, Centro de Interpretación Ambiental, etc).
Redefínense as transferencias, para manter no mesmo nivel e contía as que afectan aos servizos sociais, as de atención as persoas e as de promoción do emprego e da cohesión social.
De acordo coas directrices do Plan de Equilibrio Financeiro, o aforro bruto derivado da contención do gasto destínase á redución da débeda viva. Deste xeito, o Goberno municipal prevé que esta se reduza ao final do exercicio un 12,88%, quedando en 55,7 millóns de euros.
A redución das transferencias de capital e a vontade de redución do endebedamento repercuten nos investimentos, para os que se destinan 8,9 millóns de euros. O investimento financiado con fondos propios increméntase con respecto ao exercicio 2010, cifrándose en mais dun millón de euros. Xuntando os investimento do propio Concello co das empresas municipais, este será de algo máis de 27 millóns de euros.
Tamén se contabiliza neste punto unha serie de investimentos "en carteira" de carácter plurianual, que se sumarán aos xa realizados. Ata o 2014, cuantifícase só no programa Urbana e na remodelación do Mercado en máis de 11,7 millóns de euros. Programas como o de Rehabilitación de Vivenda, Urbact e o Park Atlantic seguirán desenvolvéndose ao longo dos vindeiros anos.
Pechou o debate o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, lembrando, entre outros aspectos, que "hai un ano tivemos a posibilidade de renegociar a débeda nun só crédito e cun aprazamento de dous anos, pero descartamos esa operación e decidimos realizar todo o axuste en 2010 e 2011". Tamén en relación á débeda, indicou que de 2007 á actualidade, esta pasou de algo máis de 81 millóns de euros a pouco máis de 64 millóns. Finalmente e en relación ao investimento, recordou que "Santiago é dende hai moitos anos a cidade con maior investimento per cápita de Galicia.
Tras a aprobación inicial, os orzamentos entrarán no período de alegacións, resoltas as cales volverán ao Pleno para a súa aprobación definitiva e entrada en vigor.
Urbanismo
No Pleno tamén se trataron diversos asuntos en materia de urbanismo, coma a aprobación definitiva do Plan Parcial de ordenación do SUD-7 de Vite de Arriba. Ese Plan permite materializar no sector unha superficie edificable total de 24.086 metros cadrados construídos, dos que 19.269 se destinan a uso residencial -cun máximo de 198 vivendas-, 3.544 metros cadrados a uso comercial (en planta baixa) e 1.272 a outros usos terciarios (hoteleiro). Establécese como condición para a aprobación do proxecto de urbanización a execución do desmonte da liña de alta tensión existente.
Ademais, deuse o visto bo á modificación puntual Plan Xeral de Ordenación Municipal, en execución dunha sentenza anulatoria, no polígono 42 do Cruceiro da Coruña. Aprobouse provisionalmente este cambio, que supón a cualificación dunha parcela como solo urbano consolidado. Para os restantes terreos deste polígono, non citados na sentenza, o Concello traballa nun proxecto de modificación independente, que sairá despois dun estudo polo miúdo das diferentes posibilidades de ordenación do solo afectado.
O Pleno aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Parcial do SUP-7 no ámbito do quinteiro 5 (Ponte Pedriña II). O cambio afecta á composición volumétrlca, estética e fachadas das edificacións proxectadas, subsistindo en calquera caso a edificabilidade e os usos asignados polo vixente Plan Parcial.
Xa no SUP-4 de Conxo, ratificouse o estudo de detalle para a construción dun centro de saúde na parcela R-10. Trátase de autorizar, xunto co deportivo, os usos dotacionais de titularidade pública sanitario, asistencial, docente, sociocultural e administrativo, co fin de facilitar a construción deste centro de atención primaria.
Cun fin semellante, aprobouse a ampliación de uso na reserva docente DOC-5 da Almáciga. Así poderá construírse na parcela indicada o Centro Xove de Creación Cultural. Trátase dunha pequena nave anexa ao edificio contiguo ao colexio Santiago Apóstolo e á Escola Municipal de Música, para convertelo nun equipamento para labores de formación en diferentes ámbitos da educación artística dos mozos de Santiago.
O Pleno aproba un orzamento municipal consolidado de 117,6 millóns de euros
30/12/2010 Na súa sesión ordinaria de decembro, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o orzamento do Concello e o cadro de persoal para 2011. As contas consolidadas sitúanse nos 117,6 millóns de euros, estimando un superávit inicial de 149.225 euros.
A concelleira de Facenda, Rosa Fernández, explicou as principais liñas do orzamento municipal, que sofre unha baixada do 9,22% con respecto ao exercicio 2010. Esta diminución é consecuencia da baixada das transferencias de capital e do endebedamento cero marcado polo Goberno municipal no marco do plano de equilibrio financeiro aprobado no seu día.Segundo explicou, os ingresos correntes mantéñense nun ano de crise económica na que a forte tensión sobre o gasto corrente municipal vén derivada pola posta en marcha de novos equipamentos e infraestruturas consecuencia da política inversora dos dous últimos anos. O orzamento municipal ascende a 95,2 millóns de euros. Os ingresos corrente increméntanse un 0,20% e os gastos correntes decrecen un 1,71%.