CONSORCIO
A carraca atopábase na torre norte da fachada do Obradoiro, que precisamente se coñece co nome de Torre da Carraca, en contraposición da súa xemelga Torre das Campás. O vello instrumento levaba máis de 50 anos en desuso e presentaba un estado de conservación moi deficiente, polo que se decidiu desmontala, levala a un taller para restaurala e construír unha réplica para colocar de novo na torre. Todos os traballos de restauración foron realizados por talleres locais de Santiago de Compostela, en concreto polo carpinteiro Fernando López e os ferreiros Santiago Martínez e Domingo Rouco.
A vella carraca, realizada en madeira de castiñeiro, está composta por catro caixas de resonancia rectangulares, colocadas en cruz. Cada unha das caixas presenta unha lingüeta que, ao rotar sobre un eixe con forma de roda dentada, golpéaas e fainas soar ao unísono. Os brazos da cruz miden algo máis de dous metros e medio. Toda a carraca encaixa na cara interior dunha das paredes da parte superior da torre, onde queda ancorada en forma de "cruz de San Andrés".
A réplica, construída tamén en madeira de castiñeiro, respecta todas as características da primitiva e foi realizada a partir dun proxecto elaborado polo equipo da Oficina Técnica-Taller de Proxectos do Consorcio de Santiago. Unha vez colocada no alto da torre emitiu os seu particular son durante as funcións propias da pasada Semana Santa.
As carracas, actualmente moi en desuso na liturxia, son instrumentos musicais de percusión que se facían soar nas celebracións de Semana Santa como símbolo de do pola morte de Cristo e que substitúen o son das campás. A campá representa a voz de Cristo, polo que a carraca empregábase no seu lugar nos días no que Cristo permanecía morto e polo tanto apagábase a súa voz.
O Consorcio restaura a vella carraca da Catedral e xa forma parte do seu museo
30/12/2010 En marzo de 2010 o Consorcio de Santiago construíu unha réplica da antiga carraca da Catedral de Santiago e colocouna na torre norte da fachada do Obradoiro. Ante a imposibilidade de conservar a orixinal como instrumento activo, a antiga carraca foi trasladada a un taller de carpintería para a súa restauración e posterior musealización. Dende agora, o vello instrumento pode verse no interior da propia torre, como parte do itinerario da visita ás cubertas da Catedral e ao Pazo de Xelmírez.
O Consorcio de Santiago, coa colaboración financeira da S.A. de Xestión do Xacobeo, e en convenio co Cabildo da Catedral, investiu nestes traballos de restauración e construción da réplica un total de 25.000 euros. Trátase, polo tanto, non só dunha restauración material, senón tamén da recuperación dun documento histórico da cidade.A carraca atopábase na torre norte da fachada do Obradoiro, que precisamente se coñece co nome de Torre da Carraca, en contraposición da súa xemelga Torre das Campás. O vello instrumento levaba máis de 50 anos en desuso e presentaba un estado de conservación moi deficiente, polo que se decidiu desmontala, levala a un taller para restaurala e construír unha réplica para colocar de novo na torre. Todos os traballos de restauración foron realizados por talleres locais de Santiago de Compostela, en concreto polo carpinteiro Fernando López e os ferreiros Santiago Martínez e Domingo Rouco.